Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

14/11/2023 | 14:01 | C. do Medio Rural

A Xunta remarca a importancia de coidar e reivindicar o produto agroalimentario galego, dende a orixe ata a súa distribución

José González puxo en valor o traballo das pemes agroalimentarias rexionais e locais, así como o das cooperativas agrogandeiras, insistindo na necesidade de prezos xus-tos, que garantan a rendibilidade e o futuro destas explotacións

14/11/2023 | 12:41 | C. do Medio Rural

O Consello Agrario creará un grupo de traballo para anticipar as consecuencias das novas enfermidades animais e vexetais que afectan ao sector primario galego

Activarase un sistema de alertas temperás para formar e informar aos produtores do rural galego dos posibles riscos derivados do cambio climático

13/11/2023 | 17:10 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Goberno asturiano organizan unhas xornadas para compartir experiencias no ámbito do desenvolvemento rural

A directora xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe na primeira xornada en Folgoso do Courel deste encontro, que conta co apoio da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e de Red Asturiana de Desarrollo Rural

13/11/2023 | 15:06 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega cinco novas cartas de artesá do selo Artesanía Alimentaria, no marco da Feira Etiqueta Negra de Pontevedra

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu á última xornada deste evento gastronómico para formalizar a concesión destas distincións

13/11/2023 | 13:30 | C. do Medio Rural

A Xunta esixe ao Goberno central unha estratexia conxunta para combater a enfermidade hemorráxica epizoótica que afecta a toda España

Solicita oficialmente a convocatoria “urxente e específica” dunha conferencia sectorial, para deseñar o paquete de medidas a adoptar dun xeito conxunto polo Goberno e as CCAA respecto ás enfermidades emerxentes que afectan á cabana gandeira

12/11/2023 | 12:35 | C. do Medio Rural

Un total de 54 meles e 47 queixos participan este ano na Cata de Queixos e de Meles de Galicia organizada pola Consellería do Medio Rural

Dous paneis de cata formados por un total de 19 expertos serán os encargados de elixir totalmente a cegas os mellores queixos e meles de Galicia deste 2023.

10/11/2023 | 15:11 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Galicia foi unha das primeiras comunidades en garantir indemnizacións para as mortes causadas no vacún pola enfermidade hemorráxica epizoótica

Así o resaltou José Balseiros, que destacó a xestión da Administración galega con respecto a esta enfermidade