Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza na Coruña a coordinación policial para a vixilancia e control da actividade incendiaria na tempada de alto risco
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os incendios forestais
Medio Rural reforza a colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia a prol desta produción, na que a nosa comunidade é lider nacional
A conselleira María José Gómez reuniuse en Lugo co presidente da IXP para escoitar as súas demandas, e puxo en valor as axudas para o fomento do castiñeiro, que este ano teñen un orzamento de máis de 1,3 millóns de euros
A Xunta destina máis de 300.000 euros ás axudas para o control da calidade de produtos agroalimentarios
A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución destas achegas, que benefician os consellos reguladores das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) e das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP), así como ao da produción ecolóxica de Galicia
Medio Rural enxalza a importancia da conservación e promoción da Rubia Galega na Poxa de gando vacún selecto do Corgo
A conselleira María José Gómez asistiu á 101 edición deste certame, onde valorou o compromiso do seu departamento co futuro da gandaría galega, tanto de leite como de carne, fomentando especialmente as razas autóctonas da nosa comunidade
Manuel Pardo enxalza a excelencia dos nosos produtos alimentarios de proximidade e o bo facer dos produtores locais
O delegado territorial referiuse á Lei da calidade alimentaria de Galicia que reafirma a aposta da Xunta pola sustentabilidade e a trazabilidade das producións primarias da nosa comunidade
Medio Rural aposta pola formación e a remuda xeracional no agro coa oferta de máis prazas e novos ciclos de FP dual nos seus centros específicos
A Consellería seguirá promovendo axudas de incorporación ao campo e iniciativas novas como o Banco de Explotacións ou o Plan de formación, asesoramento e titorización recentemente anunciado
A Xunta destina máis de 400.000 euros ás axudas a investimentos en materia de bioseguridade para o transporte de gando vivo
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras destas achegas, que poderán beneficiar a titulares e propietarios de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada
A Xunta reforza o seu operativo en materia de loita contra o lume coa colaboración de todas as administracións
Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración da sociedade na denuncia da actividade incendiaria e na coordinación entre administracións na loita contra o lume a través deste dispositivo de máis de 7.000 efectivos