Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

12/12/2023 | 12:52 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria de Cores-Nemeño, no concello coruñés de Ponteceso, tras reorganizar unha superficie de 303,17 hectáreas

José González resaltou que esta actuación supuxo un investimento de 1,6 millóns de euros e permitiu pasar de máis de 2.500 parcelas a 863 fincas, triplicando o tamaño medio dos predios, ao pasar de 1.090 metros cadrados a preto de 3.360

11/12/2023 | 18:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará en 2024 máis de 2 M€ ao convenio de colaboración cos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural

Estas axudas, enmarcadas no programa Leader, financian proxectos de formación, animación e promoción territorial en diferentes comunidades rurais

11/12/2023 | 14:02 | C. do Medio Rural

A Xunta defende as permutas como sistema útil para a mobilización voluntaria de terra en zonas con intensa actividade agrogandeira e alto coñecemento da propiedade

Nesta iniciativa de cooperación entre GDR colaboran os da Comarca de Lugo, Pontevedra Norte e Asdecomor, que integra varios concellos do interior da provincia da Coruña

10/12/2023 | 12:44 | C. do Medio Rural

A Xunta achega os produtos agroalimentarios con selo de calidade galego ao CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria organiza unha actividade no marco da iniciativa Come Local 2023, que terá lugar o vindeiro 15 de decembro neste centro educativo da localidade coruñesa
 

09/12/2023 | 15:46 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará 44 M€ en 2024 ás partidas de incorporación de mozos ao rural, plans de mellora e instalacións de pequenas explotacións

José González sinalou que estas achegas -incrementadas con máis de 5 millóns respecto ás de 2023- se enmarcan dentro dos 83 millóns de euros incluídos nos orzamentos do vindeiro ano para accións que permitan seguir afondando na remuda xeracional e a competitividade no agro galego
 

07/12/2023 | 15:38 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

A Xunta mellora a dotación de medios aéreos para reforzar a loita contra os incendios forestais nos vindeiros catro anos cun orzamento que supera os 38 M€

Rueda informou de que o Consello do Goberno galego autorizou hoxe a contratación de seis avións de carga en terra e dun servizo integral de helicópteros e brigadas, con outros seis aparellos máis, para os anos 2024, 2025, 2026 e 2027

05/12/2023 | 18:07 | C. do Medio Rural

A Xunta estudará as posibilidades para seguir mobilizando e reestruturando terra no concello coruñés de Teo

José González avaliou coa alcaldesa da localidade, Lucía Calvo, as opcións para continuar avanzando na reestruturación de superficie agroforestal e a súa posta en valor

05/12/2023 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola planificación preventiva na loita contra os incendios forestais con medidas legais, sobre o territorio e cara á poboación

José González definiu a loita contra o lume como unha “responsabilidade compartida” e lamentou por iso que a colaboración da maioría dos concellos e das deputacións de Ourense e Pontevedra -cun novo convenio en 2024 de case 5 millóns de euros- non acabe de concretarse coas da Coruña e Lugo

03/12/2023 | 15:10 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en demandar unha reforma fiscal que discrimine de forma positiva aos agricultores, gandeiros e silvicultores como xestores do territorio

José González anunciou que o Goberno galego habilitará o vindeiro ano un servizo de asesoramento fiscal e de organización empresarial aconsellando aos produtores con expertos na materia a mellor fórmula para reducir a súa carga tributaria dentro da lei