Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

17/12/2023 | 12:16 | C. do Medio Rural

A Xunta fomenta a recuperación e conservación dos soutos tradicionais xunto á mellora da súa xestión mediante as agrupacións forestais conxuntas

O Goberno galego investiu este ano 131.500 euros no plan piloto de recuperación e conservación de soutos tradicionais nas provincias de Lugo e Ourense, que permitiu actuar nunha superficie total de 356,38 hectáreas e que se enmarca, á súa vez, no Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña

16/12/2023 | 18:23 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os produtos amparados baixo o indicativo de Artesanía Alimentaria no Mercado de Nadal que se celebra ata mañá na cidade de Lugo

José González destacou o labor do preto dunha trintena de empresas presentes na feira, elaboradores de todo tipo de preparacións de repostaría, bolería, embutidos, xeados ou mel

16/12/2023 | 16:49 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda destaca o Centro Integral de Loita contra o Lume como referente en formación, cooperación e investigación en incendios forestais

Subliña a “magnífica rehabilitación” da lavandaría do antigo psiquiátrico para convertelo nun espazo formativo e administrativo

15/12/2023 | 15:32 | C. do Medio Rural

A Xunta alleou 44 lotes de madeira por 1,82 millóns de euros na poxa pública electrónica de madeira celebrada na xefatura territorial de Ourense

Os importes acadados manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas avanzado en anteriores ocasións, sendo previsible que continúen nestes niveis debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente

15/12/2023 | 14:11 | C. do Medio Rural

A aldea modelo de Infesta será epicentro dun proxecto europeo liderado por Galicia para a xestión sostible do territorio e reducir o risco de incendios, dotado con 1,5 M€

José González salientou a colaboración entre Galicia e Portugal, que tamén participa nesta iniciativa, na loita contra os incendios forestais e no desenvolvemento de estratexias de acción para o futuro

15/12/2023 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía autonómica esclarece un incendio forestal en Boiro

Como resultado da investigación e grazas á colaboración da Policía Local e da veciñanza, determinouse que o lume foi intencionado e logrouse identificar a persoa autora

14/12/2023 | 20:06 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; C. do Mar

A Xunta destaca a excelencia da marca Galicia Calidade e os incrementos en facturación e emprego das empresas adheridas

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, acompañada dos conselleiros do Medio Rural, José González, e de Mar, Alfonso Villares, presentou o Balance de Galicia Calidade 2023