Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

21/12/2023 | 19:50 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta en Vigo un novo caso de gripe aviaria en aves silvestres

O novo positivo corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que, consonte aos protocolos establecidos, foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo, en Pontevedra

21/12/2023 | 12:47 | C. do Medio Rural

A Xunta participa nun proxecto europeo para a alerta temperá de incendios forestais mediante a xestión de datos vía satélite por intelixencia artificial

O director xeral de Defensa do Monte participou por videoconferencia na reunión de lanzamento deste proxecto de cooperación para o desenvolvemento de infraestruturas dixitais de datos, nubes conxuntas e novos sistemas espaciais

20/12/2023 | 15:17 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza o labor das Asociacións de defensa sanitaria gandeira fronte doenzas como a enfermidade hemorráxica epizoótica ou a lingua azul con axudas por 2,28 M€ no 2024

Responsables da Dirección xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias reuníronse hoxe con representantes destas entidades, que desenvolven os programas facultativos de prevención e control de doenzas animais

19/12/2023 | 17:23 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a Lei da calidade alimentaria reforza a súa aposta pola excelencia, a sustentabilidade e a promoción das producións primarias de Galicia

José González remarcou que este texto legal “pecha o ciclo do marco de ordenación e normativo para o rural galego que permite avanzar nas liñas estratéxicas da recuperación, a prevención e a calidade”

18/12/2023 | 17:53 | C. do Medio Rural

Galicia insiste en demandar ao Goberno central un plan nacional fronte a enfermidade hemorráxica epizoótica e que loite por homologar a vacina en Europa

O Goberno galego considera necesaria, ademais, unha maior flexibilidade na aplicación da PAC e unha recondución dos eco-rexímenes para que se adapten á realidade da nosa comunidade

18/12/2023 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. do Medio Rural

A Xunta destaca a ampliación do centro de saúde do Porriño como mostra da aposta do goberno autonómico polo emprego da madeira estrutural

As obras de reforma do edificio do centro sanitario complementan a ampliación inaugurada no mes de outubro, cun investimento global de 4,3 millóns de euros

18/12/2023 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto dun millón de euros á plantación de 20.800 castiñeiros para froito

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban estas achegas, que beneficiarán a 69 expedientes