Actualidade
Buscador de novas
A Xunta remata os traballos de acondicionamento implementados para a actividade agrogandeira na aldea modelo de Bustelo de Fisteus
A aldea modelo, situada no concello lucense de Quiroga, abrangue unha superficie de 14,15 hectáreas e nela prevese instaurar unha explotación de porco en extensivo
A aldea modelo e o polígono agroforestal de Cualedro melloran o seu sistema de alumeado público
Estas actuacións enmárcanse nunha liña de axudas convocada en 2022 polo Goberno autonómico para realizar proxectos deste tipo de traballos
A Oficina Rural da Estrada remata as súas obras de reforma, cun investimento de preto de 76.000 euros
Acometéronse diversas obras de mellora, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións
A Xunta remata a execución de tres pasteiros no concello lucense de Triacastela, cun orzamento total de máis de 240.000 euros
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, supervisou o fin das obras realizadas nas parroquias da Balsa, San Breixo e de Cancelo para, a través do pastoreo, contribuír á prevención de incendios
A Oficina Rural de Arzúa remata as súas obras de reforma, cun investimento total de máis de 145.000 euros
Acometéronse diversas obras de mellora, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións
A Xunta iniciará unha nova campaña de vacinación gratuíta fronte a lingua azul o vindeiro 2 de xaneiro para o gando bovino e ovino de toda Galicia
Nas vindeiras datas comezará a vacinación nas zonas restrinxidas en novembro -toda a provincia de A Coruña e 11 comarcas de Lugo
Un mes despois arrancará a nova campaña nas comarcas delimitadas no pasado febreiro, e que polo tanto xa foran inmunizados ao longo deste 2023
A Xunta declara de utilidade pública e de interese social o polígono agroforestal de Sande, no concello de Arbo
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe este decreto que permitirá poñer en valor preto de 47 hectáreas, distribuídas en 351 parcelas de 115 propietarios
A Xunta creará un novidoso mercado voluntario de créditos de carbono, para que as empresas poidan compensar a súa pegada de CO2 e camiñar cara a neutralidade carbónica
O obxectivo é que tanto o tecido empresarial como os cidadáns poidan contribuír a loita contra o cambio climático mediante a financiación de proxectos sostibles impulsados por gandeiros ou silvicultores