Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.442 novas da C. do Medio Rural:

11/01/2024 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta destina algo máis de 4 millóns de euros para promover o uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo, con 36 beneficiarios nesta convocatoria

O obxectivo destas axudas é promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego e racionalizar os custos de mecanización

11/01/2024 | 12:28 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca axudas de compensacións complementarias por lucro cesante e á reposición de gando

As achegas contan cun orzamento de 125.000 euros e están destinadas ás explotacións de gando bovino, ovino e cabrún nas que por orde da autoridade competente se levou a cabo o sacrificio de animais

11/01/2024 | 11:55 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 3,5 M€ ás axudas para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos no mercado interior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas bases reguladoras e a convocatoria destas subvencións
 

10/01/2024 | 12:20 | C. do Medio Rural

O DOG publica a orde de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de gando, que entre outras doenzas inclúe a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE)

A convocatoria está dotada con 974.268 euros e abrangue tamén o sacrificio obrigatorio por outras doenzas como a tuberculose, a brucelose, a leucose ou a lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún

09/01/2024 | 14:31 | C. do Medio Rural

A Base de Unidade Operativa de Castro Caldelas remata as súas obras de reforma, cun investimento total de máis de 71.000 euros

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes

09/01/2024 | 12:38 | C. do Medio Rural

O concello de Friol acollerá en xuño a primeira edición das “Olimpíadas Rurais de Galicia”

Esta cita combina xogos tradicionais e deporte nunha ampla programación que tamén inclúe gastronomía ou música, celebrarase en diferentes puntos do concello Friol o 28, 29 e 30 de xuño, coa participación dun máximo, en principio, de 24 equipos

09/01/2024 | 10:49 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para certames de gando bovino selecto organizados polos concellos galegos, dotada cun total de 200.000 €

A finalidade destas achegas é promocionar e difundir este tipo de eventos, aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras, fomentar a súa modernización e a mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións
 

08/01/2024 | 14:54 | C. do Medio Rural

A Xunta alleará 37 lotes de madeira por valor de 1,8 millóns de euros nunha poxa pública en Lugo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria da poxa para o vindeiro 26 de febreiro