Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.442 novas da C. do Medio Rural:

21/01/2024 | 11:29 | C. do Medio Rural

A Oficina Rural de Betanzos remata as súas obras de mellora, cun investimento total de 350.000 euros

Leváronse a cabo diferentes actuacións, como a renovación do mobiliario das súas instalacións, a optimización da climatización ou a colocación de puntos de carga para os vehículos

20/01/2024 | 16:41 | C. do Medio Rural

A Xunta remata as obras da nova sede do distrito forestal XIV, no concello ourensán de Verín

As instalacións abranguen unha superficie de 2.444 metros cadrados e albergan tamén unha nova Base de Unidade Operativa

20/01/2024 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta remata os peches perimetrais da aldea modelo de Pedrosa, no concello ourensán de Riós

A superficie da aldea modelo é de 67,45 hectáreas, divididas en 922 parcelas de 164 titulares catastrais

19/01/2024 | 17:52 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o potencial do sector cárnico galego como motor produtivo fundamental de Galicia

José González puxo de relevo a importancia da Estratexia de dinamización do sector da carne para situar a Galicia como sinónimo de carne de calidade e potenciar aos produtores, cun claro beneficio para o sector

19/01/2024 | 11:48 | C. do Medio Rural

Xunta e Deputación reafirman o seu compromiso cos regantes da Limia e piden un esforzo adicional ao Goberno na financiación da modernización do regadío

A Xunta de Galicia xa leva investido preto de 7 millóns de euros nesta actuación, ao asumir integramente o custe dos pozos e do sistema de bombeo

19/01/2024 | 09:51 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para o fomento da boa gobernanza nos montes veciñais en man común e nos montes de varas

Estas achegas contan cunha dotación inicial, ampliable, de 490.000 euros e enmárcanse no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR) de España, máis concretamente na compoñente 4, enfocada na “conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade”

18/01/2024 | 16:27 | C. do Medio Rural

A Xunta participará no proxecto europeo AgrifoodTEF para incorporar intelixencia artificial e tecnoloxía robótica ao sector agroalimentario

A iniciativa mobilizará 60 millóns de euros nos próximos catro anos, cun orzamento repartido entre nove Estados membros da Unión Europea

18/01/2024 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os produtos ecolóxicos na presentación do quinto barómetro do Craega

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu á presentación deste documento que analiza a percepción e o consumo deste tipo de alimentos en Galicia

18/01/2024 | 11:02 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a Lei da calidade alimentaria, que reforza a aposta pola excelencia, a sustentabilidade e a promoción das producións primarias

O texto legal -que entrará en vigor aos vinte días da súa publicación- asegura a calidade dos produtos alimentarios, en defensa da lealdade das transaccións comerciais e dos dereitos e intereses lexítimos dos produtores primarios, operadores económicos e profesionais do sector, así como dos consumidores