Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.441 novas da C. do Medio Rural:

24/01/2024 | 11:21 | C. do Medio Rural

O DOG publica a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal de Sabadelle, no concello de Chantada, para poñer en valor 38,68 hectáreas

O Diario Oficial de Galicia publica o correspondente decreto da Consellería do Medio Rural para desenvolver este polígono, que implica 114 parcelas de 80 propietarios

23/01/2024 | 13:25 | C. do Medio Rural

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude acollerá o vindeiro día 2 de febreiro o IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario

No evento, organizado pola Xunta a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, presentaranse o proxecto europeo AgrifoodTEF, no que participa o Goberno galego e que busca incorporar intelixencia artificial e tecnoloxía robótica ao sector agroalimentario

23/01/2024 | 12:14 | C. do Medio Rural

A Xunta investiga a titularidade e revisa o parcelario no polígono agroforestal de Solbeira, no concello ourensán de Paderne de Allariz

Os resultados destes labores, que leva a cabo a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, permitirán actualizar o catastro da zona, así como avanzar no proceso de aprobación e posta en marcha desta iniciativa de recuperación de terras

23/01/2024 | 11:59 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a conversión da asociación A Croa de Camariñas nunha agrupación forestal de xestión conxunta

Neste sentido, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, puxo en valor as axudas da Consellería do Medio Rural para fomentar este tipo de iniciativas, creadas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

22/01/2024 | 17:14 | C. do Medio Rural

A nova base de Unidade Operativa de Rianxo contará con madeira galega na súa estrutura

As instalacións abranguen unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados, na que se situará unha edificación de planta baixa de 223,65 para que o persoal de prevención e extinción de incendios poida conciliar traballo e descanso

22/01/2024 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta remata as obras de reforma da Base de Unidade Operativa de Dumbría

A actuación permitiu a mellora das súas instalacións e a renovación do seu mobiliario

22/01/2024 | 10:22 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para a mellora de explotacións e a incorporación de mozos e persoas de 41 a 55 anos á actividade agrogandeira

Con estas achegas, dotadas en total con 47 millóns de euros, búscase mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción co obxectivo de mellorar a competitividade