Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

25/02/2024 | 11:40 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou 290.000 € na construción de catro novos puntos de auga na provincia de Ourense, para a prevención e defensa contra os incendios forestais

As actuacións, rematadas a finais de 2023, leváronse a cabo nos distritos forestais XI (O Ribeiro-Arnoia), en Avión e San Cristovo de Cea; XII (Miño-Arnoia), en Nogueira de Ramuín; e XIV (Verín-Viana), en Verín

24/02/2024 | 12:40 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en esixir unha moratoria inmediata e temporal da normativa da UE que “afoga a agricultores e gandeiros” mentres Europa reflexiona sobre o futuro deste sector

José González explicou que vén de remitir unha carta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación coas demandas do sector primario para que o seu titular as leve ao Consello Europeo de ministros de agricultura que se celebra este luns en Bruxelas

23/02/2024 | 12:47 | C. do Medio Rural

A Xunta analizará as posibilidades de colaboración coa asociación Olivarnoia para potenciar a modernización da súa almazara, no concello da Arnoia

Esta cooperación permitiría facilitar a reforma e ampliación das instalacións para fomentar o uso destas instalacións por parte da veciñanza

21/02/2024 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 3 M€ para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo

O obxectivo destas axudas é reforzar os servizos públicos e dotacións básicas proporcionados á poboación rural das aldeas modelo, favorecendo a implantación de actividades que xeren emprego e fixen poboación

20/02/2024 | 13:44 | C. do Medio Rural

A Xunta estará presente na Feira Internacional Slow Wine Fair, que se celebra na cidade italiana de Bolonia do 25 ao 27 de febreiro

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, participa neste encontro e colaborará coa organización “Castes, Feira Independente do Viño”

20/02/2024 | 12:41 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Deputación de Pontevedra asinan un convenio, dotado con 600.000 euros, para avanzar na prevención de incendios forestais na provincia

O orzamento deste protocolo anual de colaboración será aportado a partes iguais polas administracións asinantes, para realizar actuacións conxuntas dirixidas á conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agroforestal