Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

12/03/2024 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se modifica a convocatoria, polo que os interesados disporán de entre un mes e 40 días máis, segundo a liña de axudas, para estas subvencións de gran importancia no sector forestal galego

11/03/2024 | 19:00 | C. do Medio Rural

A Xunta coordina coas organizacións profesionais agrarias as reclamacións da fronte común para reclamar unha maior flexibilidade na PAC e a súa adaptación á realidade galega

O Goberno galego e estas entidades coinciden en que as propostas do Ministerio para flexibilizar o Pepac son insuficientes, e non atenden ás particularidades de Galicia nin das CCAA da cornixa cantábrica, coas que tamén se traballa para un posicionamento común

11/03/2024 | 13:47 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte mañá, día 12, unha xornada formativa de poda no concello ourensán de Ribadavia a través da Oficina Agraria Móbil

Esta xornada desenvolveranse na parroquia de Santo André e abordará a poda en viñedo, co obxectivo de difundir técnicas que sexan máis respectuosas coa vide e que mitiguen a incidencia das enfermidades da madeira

11/03/2024 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta ve o espazo de Galicia en Prowein como un novo fito dentro do compromiso co sector vitivinícola, ao que destinou 11,5 millóns no 2023 para potenciar a súa competitividade

O conselleiro do Medio Rural en funcións salientou o compromiso do Goberno autonómico con este sector, plasmado nestas axudas ou en cuestións como “estar hoxe en ProWein, colaborando na apertura de novos mercados para as cinco denominacións de orixe galegas”

11/03/2024 | 08:40 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os produtos alimentarios galegos amparados baixo o selo Artesanía Alimentaria na clausura de Merca Delicadeza

A segunda edición deste mercado chega esta tarde á súa fin, logo de toda unha fin de semana que contou coa presenza dunha trintena de operadores amparados baixo este distintivo

10/03/2024 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa na apertura de novos mercados para o viño galego na Feira Internacional Prowein da man de adegas e consellos reguladores

A  Xunta  participa por primeira vez neste evento promocionando dun xeito conxunto a unha delegación do sector vitivinícola galego

09/03/2024 | 10:39 | C. do Medio Rural

A Xunta define a nova cociña comunitaria da aldea modelo de Muimenta como exemplo das pancas dinamizadoras impulsadas pola Lei de recuperación

José González destacou as posibilidades das instalacións para ser usadas,  dentro do plan de dinamización de Muimenta, no eido formativo e laboral -como apoio do Espazo Agrario de Experimentación-, ademais dun uso asistencial e recreativo para os veciños

08/03/2024 | 15:59 | C. do Medio Rural

A Xunta publica a orde de axudas da Política Agraria Común para a campaña 2024

Estímase que esta convocatoria manteña no seu conxunto unha dotación similar á de 2023, estimándose un orzamento de 200 millóns de euros para os 25.000 agricultores e gandeiros galegos beneficiados cada ano

08/03/2024 | 14:50 | C. do Medio Rural

A Xunta incorpora catro novos operadores ao selo Artesanía Alimentaria no marco da feira Merca delicadeza que se está a celebrar en Lalín

O mercado, organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en colaboración co Concello de Lalín, comezou hoxe e abrirá en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas ata o domingo, 10 de marzo