Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

07/05/2024 | 17:39 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural pedirá ao Ministerio de Agricultura a autorización da destilación de crise para regularizar os excedentes de viño

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, trasladou que a Xunta valora a posibilidade de mellorar as medidas de apoio ao sector existentes e mesmo analizar a viabilidade de novas, en relación coa DO Ribeira Sacra

07/05/2024 | 15:25 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa en Taboada a segunda edición de ‘Raizames’, un encontro cultural arredor do viño da Ribeira Sacra

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento

07/05/2024 | 14:55 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 5 M€ na adquisición de 18 novas motobombas para o persoal de loita contra os incendios forestais

María José Gómez destacou o compromiso por seguir mellorando e ampliando a dotación de medios do persoal da Consellería co fin último de potenciar o servizo que se lle brinda a todos os galegos e galegas

07/05/2024 | 14:39 | C. do Medio Rural

A Xunta aboará nos próximos días o 90% dos ecorréximes da PAC a uns 16.000 beneficiarios galegos

Malia que aínda non están publicados os importes unitarios das axudas directas por parte do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), o que condiciona a posibilidade de pagar a totalidade destas achegas

07/05/2024 | 14:20 | C. do Medio Rural

A Xunta recoñece o futuro Centro de Día de Cedeira como unha panca de acción para dinamizar a contorna e mellorar a calidade de vida da veciñanza

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, realizou unha visita ás obras do centro, un dos 318 proxectos beneficiados pola medida Leader

07/05/2024 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba a modificación do prego de condicións da IXP Ternera Gallega solicitada polo seu consello regulador para mellorar este selo de calidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria pola que se aproba e se dá publicidade a este cambio

06/05/2024 | 15:31 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a 29ª Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebra esta fin de semana con 10 adegas participantes

A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación dunha nova edición desta Festa de Interese Turístico de Galicia que enxalza a viticultura da zona

06/05/2024 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 3,5 M€ a 190 beneficiarios para previr os danos por incendios ou desastres naturais en montes veciñais e sociedades de fomento forestal

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria destas achegas da Consellería do Medio Rural