Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez destaca Xenética Fontao como entidade de referencia en toda España, única na produción de seme sexado bovino
A conselleira do Medio Rural visitou hoxe a súa sede e puxo en valor o traballo realizado por esta empresa, que permitiu que a xenética galega puidera revalidar o liderado dos últimos anos a nivel nacional, producindo entre 40.000 e 50.000 doses anuais deste tipo de material e situando oito touros no TOP 10 nacional
O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no reparto de froitas e hortalizas do fondo galego de garantía agraria ao Banco de Alimentos
Manuel Pardo explicou que nesta quenda distribuiranse 10.000 kg de albaricoque e outros 10.000 kg de paraguaios, platerina e pexego
A conselleira do Medio Rural recoñece o traballo e profesionalidade do persoal de loita contra os incendios forestais
María José Gómez mantivo un encontro coas asociacións de bombeiros forestais e traballadores de incendios para coñecer as peticións e demandas destes profesionais que forman parte do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF)
A conselleira do Medio Rural reúnese coa directiva da Asociación Forestal de Galicia
O encontro forma parte da rolda de contactos que está a manter María José Gómez con responsables do sector e nel abordáronse cuestións como a mellora da fiscalidade, a xestión forestal ou a produción madeireira
A Xunta promociona a artesanía alimentaria no mercado Gastrotur do Ulla con apoio a 17 empresas do sector
María José Gómez salientou a ampla gama de produtos presentes neste evento e o programa de actividades previsto, con degustacións, obradoiros de artesanía e xogos para os máis pequenos