Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

21/07/2024 | 10:06 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 3 M€ en proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a resolución destas axudas, beneficiando a 20 concellos que contan con este instrumento de mobilización incluído na Lei de recuperación da terra agraria

20/07/2024 | 18:09 | C. do Medio Rural; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
19/07/2024 | 20:03 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural destaca a calidade dos viños da Ribeira Sacra e pon en valor o traballo dos viticultores e adegueiros

Salientou a colaboración do Goberno galego co sector vitivinícola a través da  súa Estratexia de dinamización e dun conxunto de axudas que ascenden a máis de 10 millóns de euros neste 2024 

19/07/2024 | 18:04 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o papel dos consellos reguladores na defensa da calidade alimentaria de Galicia

María José Gómez reafirmou o apoio do Goberno galego a estas entidades, co fin de afianzar o peso das producións de calidade en Galicia e tamén no panorama nacional e internacional

18/07/2024 | 16:09 | C. do Medio Rural

Medio Rural reafirma a aposta pola transformación do leite en Galicia e avoga pola colaboración entre os axentes do sector a prol da súa sustentabilidade

A titular da Consellería valorou os investimentos desta industria láctea en innovación e mellora das súas instalacións, para os que recibiu o apoio da Xunta

17/07/2024 | 17:26 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a coordinación cos consellos reguladores e cos corpos e forzas de seguridade do Estado fronte á entrada de uva foránea na vendima

 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na Subdelegación do Goberno en Ourense na habitual xuntanza anual para intensificar esa colaboración

17/07/2024 | 16:04 | C. do Medio Rural

A Xunta sacará a concorrencia pública a xestión do polígono agroforestal de Oímbra en setembro

Así o anunciou a conselleira María José Gómez nunha visita a este municipio ourensán, coincidindo coa publicación hoxe no DOG da proposta de aprobación do proxecto básico deste polígono