Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

02/04/2023 | 10:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realizou preto de 1300 actuacións de inspección ambiental durante o ano 2022

A maior parte dos controis centráronse no transporte transfronteirizo de residuos

01/04/2023 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta entrega no barrio da Tinería de Lugo cinco vivendas protexidas rehabilitadas a través do programa Rexurbe

Ángeles Vázquez felicitou aos adxudicatarios polos seus novos fogares, aos que acceden cunhas condicións vantaxosas cunha renda mensual de entre 158 e 196 €

01/04/2023 | 12:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a nova senda do río Dorrón potenciará a conservación da contorna e fomentará o ecoturismo no concello de Sanxenxo

Ángeles Vázquez subliña que esta ruta permitirá poñer en valor o patrimonio natural da contorna e o desenvolver actuacións en materia de turismo rural nas parroquias do interior de Sanxenxo ao conectar a praia de Areas co muíño de Xixán

01/04/2023 | 10:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa o trámite de avaliación ambiental da futura depuradora de Salvaterra do Miño no río Mendo

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático informou de forma favorable o proxecto ao non prever efectos significativos sobre o medio ambiente

31/03/2023 | 15:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reúnese con representantes dos propietarios das fragas para afondar nos contidos do PRUX que máis lles afectan

Lembran o compromiso da Xunta de investir 1,1 M€ de fondos Next Generation para ampliar a superficie pública deste espazo natural nos próximos dous anos

31/03/2023 | 15:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta propón cambiar o uso de máis de 56.000 m2 da súa propiedade en Xuxán para destinalo á construción de 500 vivendas protexidas máis

Estas vivendas sumaríanse ás 1100 que a día de hoxe permite o desenvolvemento da superficie que ten en propiedade a empresa pública Xestur no antigo Ofimático

31/03/2023 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Gabriel Alén avanza que a planta de biorresiduos de Verín entrará en funcionamento o 1 de xuño

Conta cun investimento superior a 5,5 M€, ocupa unha parcela de 12.000 m2 non polígono industrial de Pazos e disporá de capacidade para tratar 3.000 t/ano de materia orgánica e 1.600 t de material estruturante, estimando que produza 1.500 t/ano de compost
 

31/03/2023 | 15:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Mos destinan 1,03 M€ á humanización da contorna da Ermida de San Eleuterio

Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

31/03/2023 | 15:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia unha rolda de contactos con expertos en economía ambiental de cara á elaboración da Lei de aproveitamento dos recursos naturais

Ángeles Vázquez salienta a importancia de poder aproveitar o coñecemento e experiencia de recoñecidos especialistas na materia para enriquecer o contido da futura norma

31/03/2023 | 13:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Ecoembes colaboran na cuarta edición da campaña Únete ao reto para fomentar a reciclaxe en 11 concellos galegos

Entidades locais das catro provincias participan no plan para incrementar a recuperación de envases de plástico, latas e briks depositados no contedor amarelo