Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por 97.000 € un contrato para ampliar as dotacións da planta de transferencia de Boiro
Os traballos consistirán na construción de dous novos aparcamentos para contedores, un cuberto e outro descuberto, así como a modificación da rede de saneamento
A Xunta valora o compromiso coa sostibilidade e o desenvolvemento dunha Galicia verde do sector medioambiental da Comunidade
Ángeles Vázquez incide en que o Goberno galego mantén un contacto permanente co tecido empresarial para o intercambio de experiencias e posibles solucións de cara a compatibilizar a actividade económica co desenvolvemento sustentable
A Xunta salienta o Monumento Natural Praia das Catedrais como exemplo de turismo sostible e convida á cidadanía a visitalo esta ponte festiva
Belén do Campo fai fincapé na importancia de combinar o uso e desfrute desta contorna coa súa preservación e lembra a obrigatoriedade de cumprir a normativa de uso público establecida para este monumento natural
Rueda resalta o compromiso do Goberno galego coa emancipación da mocidade coa cobertura do 20 % do prezo de compra da primeira vivenda
Subliña que o obxectivo é “implantar medidas reais” para facilitar que os galegos poidan acceder a unha vivenda
Galicia expón na Unesco as técnicas aplicadas no Xurés para mellorar a súa resiliencia ante o cambio climático co obxectivo de servir de modelo a outras rexións
Sagrario Pérez explica que se seleccionou este parque natural pola súa variedade de flora e fauna e o seu acervo histórico e cultural para convertelo nun laboratorio aberto no que identificar os riscos que afronta e buscar solucións de adaptación
A Xunta aproba o proxecto de Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia para completar o seu autogoberno sobre a costa e reforzar a seguridade xurídica
Rueda destaca que o Goberno autonómico aposta por unha regulación “adaptada á realidade galega” e unha ordenación do litoral “realista, razoable e eficaz”
A Xunta publica a convocatoria das axudas a concellos para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal e infravivendas por preto de 2,2 M€
As solicitudes poderán presentarse a partir de mañá, venres 28 de abril, e ata o 1 de xuño de 2023
A Xunta concede 17 axudas por máis de 53.000 € para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras
Outorga 14 subvencións a 10 entidades propietarias ou particulares e 3 axudas distribúense entre os concellos de Triacastela e Oleiros
A Comisión Europea selecciona a Galicia para liderar o proxecto GIFT de cara ao establecemento de medidas no eido da infraestrutura verde e da paisaxe
Ángeles Vázquez subliña que este programa de cooperación interrexional fomenta a política de cohesión, facilitando o intercambio de experiencias, a transferencia de boas prácticas e o aprendizaxe entre socios