Actualidade
Buscador de novas
A Xunta somete a información pública o decreto que modifica as actuais normas de habitabilidade de Galicia
O obxecto principal é introducir cambios en aspectos substanciais regulados por esta normativa para solucionar o problema que supón nalgunhas cidades o progresivo abandono de locais comerciais sen actividade e poder adaptalos a usos residenciais
A Xunta convoca axudas para proxectos na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas por preto de 150.000 €
As subvencións outorgaranse por concorrencia competitiva e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá
A Xunta actualiza o catálogo de bens en servidume de costas para outorgar maior seguridade xurídica á recuperación do patrimonio construído
Ángeles Vázquez explica que o Goberno galego pretende que este catálogo sexa unha ferramenta útil e consensuada de cara á posta en valor das edificacións que na actualidade están en desuso
A Xunta resolve incorporar ao Catálogo Galego de Árbores Senlleiras dúas sequoias, unha sobreira e unha formación de camelias
Ángeles Vázquez explica que o Diario Oficial de Galicia publicará o luns a resolución pola que se cualifican como senlleiros catro novos elementos en Vedra, Barro e Teo
A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Vilaboa
Os traballos, adxudicados por preto de 27.000 €, incluirán a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo
Máis de 440 escolares de infantil e primaria visitarán este mes as Illas Atlánticas grazas ao concurso educativo da Xunta O Parque Nacional coa escola
No certame participaron un total de 2247 persoas, entre alumnado e profesorado, pertencentes a 26 colexios de Vigo, Bueu, Vilagarcía, Ribeira, Cangas e Sanxenxo
A Xunta valora a senda do Fuciño do Porco como un modelo a seguir que combina a protección ambiental e o uso turístico
Ángeles Vázquez incide na importancia de garantir o equilibrio entre o cada vez maior número de visitantes e a conservación dos valores naturais desta contorna, que está catalogada como Rede Natura 2000
Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e seco
O avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 2,4 graos, o que supón que fose o abril máis cálido desde 2011
A Xunta convocará este mes por 9 M€ o programa de axudas para mellorar a accesibilidade en vivendas e edificios residenciais
É o segundo ano consecutivo que o Goberno galego aposta por esta liña de incentivos, coa que aspira a facer máis accesibles ao redor de 1.700 vivendas galegas