Actualidade
Buscador de novas
A Alianza polo Clima promovida pola Xunta suma o apoio de Espina y Delfín para seguir creando sinerxías na loita contra o quencemento global
Ángeles Vázquez enmarca esta adhesión na conmemoración do Día mundial de acción polo clima e incidiu na necesidade de abordar a cuestión climática desde o punto de vista económico, social e, sobre todo, medioambiental e de saúde
A Xunta adxudica por máis de 446.000 € a obra dun novo aparcadoiro no complexo medioambiental de Sogama
Con esta actuación habilitaranse 60 novas prazas de aparcamento e 6 puntos de recarga eléctrica nas inmediacións da planta termoeléctrica das instalacións de Cerceda
A Xunta convoca por primeira vez axudas de ata 18.000 euros para contratar persoas coidadoras de gando extensivo para previr danos causados polo lobo
Ángeles Vázquez reitera que a prevención é unha ferramenta imprescindible para compatibilizar a gandería coa presenza e a conservación desta especie en Galicia
O programa da Xunta de avais para a compra de vivenda por menores de 36 anos conta cun orzamento de 5 M€
A axuda poderá solicitarse ata o vindeiro 30 de novembro e vai dirixida a apoiar a mozos galegos na adquisición da súa primeira vivenda e cuxos ingresos non superen os 46.200 €
A Xunta remite aos concellos os convenios do programa de barrios que permitirán convocar axudas por case 33 M€ para rehabilitar edificios e vivendas
A convocatoria de 2022, financiada exclusivamente con fondos europeos, pechouse en Galicia con 28 entidades locais beneficiarias, que deberán subscribir agora un acordo co IGVS e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
A Xunta convocará en maio por máis de 43,1 M€ tres programas de axudas para impulsar a rehabilitación enerxética de vivendas e edificios residenciais
Rueda resalta que a previsión é impulsar actuacións para facer máis eficientes e reducir os consumos de enerxía de ao redor de 12.500 vivendas, fronte ás 6.700 da anterior convocatoria
A Xunta convocará este ano 24 programas e axudas en materia de vivenda cun orzamento de máis de 140 M€
Ángeles Vázquez expón ante o pleno as principais liñas de acción da Consellería para facilitar o acceso dos galegos a un fogar e lembra que grazas á Estratexia de vivenda pública e protexida Galicia reforzará nun 50 % o seu actual parque público residencial
A Xunta salienta a importancia das investigacións sobre o cambio climático no mar para mitigar o seu impacto
Sagrario Pérez pon como exemplo ferramentas como o Observatorio Costeiro e os proxectos RAIA e CAPTA, que son iniciativas que apostan por avanzar cara ao desenvolvemento sostible e por garantir a economía azul dos nosos mares e costas
A Xunta e o sector inmobiliario analizan a nova lei estatal polo dereito á vivenda
Ángeles Vázquez insiste en pedir ao Goberno central a convocatoria urxente da Conferencia Sectorial de Vivenda e Solo