Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

18/06/2024 | 16:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia traballa na sensibilización do conxunto da sociedade para afondar na redución do desperdicio alimentario en toda a cadea de valor

A Xunta impulsa medidas como un código de boas prácticas ou un plan de acción para concienciar a todos os actores que interveñen desde que se produce un alimento ata que chega ao consumidor final

17/06/2024 | 19:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais estudan fórmulas de colaboración para fomentar a innovación sostible e a loita contra o cambio climático

Avalían diferentes iniciativas dirixidas a dar a coñecer as novidades tecnolóxicas no ámbito das solucións ambientais, así como as últimas innovacións no eido da economía circular e da loita contra o quecemento global

16/06/2024 | 10:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste máis de 60.000 euros no estudo da distribución e abundancia de distintas especies de fentos de Valgada ameazados en Galicia

O contrato, cofinanciado con fondos europeos e adxudicado á Universidade da Coruña, permitirá avaliar a distribución de sete especies mediante a realización de traballos de campo en 34 zonas da provincia da Coruña, 28 de Lugo e cinco de Pontevedra

15/06/2024 | 09:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 350 rutas guiadas con 4.000 prazas dispoñibles para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre xuño e setembro

As rutas son de balde, pero as persoas interesadas deberán facerse cargo do custo do transporte ás illas e inscribirse previamente na web da central de reservas ou persoalmente nas casetas de información que hai en Cíes e en Ons no día da visita

14/06/2024 | 18:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta detecta un caso de gripe aviaria en aves silvestres no concello de Oleiros

Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático

13/06/2024 | 19:26 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada o seu labor e compromiso a prol da mellora da clasificación microbiolóxica das zonas de produción marisqueira de Cedeira e Valdoviño

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá unha reunión con representantes de ambos concellos e a confraría de Cedeira para analizar a situación dos bancos marisqueiros da ría e posibles medidas para mellorala

13/06/2024 | 15:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel dos escolares galegos como referentes do compromiso e da conciencia ambiental

Ángeles Vázquez lembra que os nenos e nenas participantes na primeira edición desta iniciativa seguen contribuíndo como adultos ao coidado do patrimonio natural de Galicia