Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por máis de 786.000 € a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, en Mos
A intervención proxectada ten como obxectivo converter esta zona nun espazo público no que os peóns teñan prioridade sobre os vehículos
A Xunta aproba unha nova actualización do Plan Básico Autonómico para garantir a vixencia e dinamismo desta ferramenta indispensable de ordenación urbanística
Trátase da cuarta revisión do PBA, aprobado no ano 2018 e que axuda a plasmar sobre o territorio a complexa realidade dos diferentes instrumentos de ordenación así como á identificación de todas as afeccións sectoriais vixentes na Comunidade
A Xunta mantén aberto o prazo para presentar alegacións ao proxecto do Plan de xestión do Monumento Natural da Serra de Pena Corneira
Ángeles Vázquez explica que este plan ten como propósito a xestión, conservación e posta en valor deste espazo protexido a través da regulación de usos e actividades
A Xunta completa a distribución das bandeiras azuis 2023 na provincia de Pontevedra coa entrega de cinco insignias a Poio, A Guarda e A Illa
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera,repartiu estes distintivos para as praias de Cabeceira, Area Grande, O Muíño, Area da Secada e O Bao aos alcaldes Ángel Moldes e Roberto Carrero e a concelleira Rosi Viana
O Goberno galego impulsa a tramitación da Lei do clima para darlle rango legal ao compromiso de conseguir unha Galicia neutra en emisións no horizonte do ano 2050
Rueda indica que o Consello aprobou hoxe someter a información pública e audiencia do anteproxecto lexislativo durante un mes co fin de enriquecer e mellorar o texto inicial
A Xunta convoca unha poxa para a adxudicación de máis de 127.000 m2 de solo empresarial na Plisan
As parcelas asignaranse en réxime de compravenda a partir de 80,19 euros o metro cadrado e en dereito de superficie a partir de 1,20 euros por metro cadrado e ano
A Xunta convoca por primeira vez axudas para a promoción de aloxamentos temporais, modelos de cohousing e vivendas interxeneracionais por 6,8 M€
As solicitudes para optar a estas subvencións, dirixidas a entidades privadas e empresas, poden presentarse a partir de mañá e ata o 2 de novembro de 2023
A Xunta aposta por celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente
Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos e tamén para ser respectuosos coa preservación dos valores naturais dos areais