Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

13/07/2023 | 15:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia os trámites para abrir unha Comisión Bilateral co Estado e tentar resolver as dúbidas competenciais da nova Lei polo dereito á vivenda

Destaca que con esta iniciativa Galicia busca esgotar a vía de diálogo para aclarar e modificar aquelas disposicións que invaden o seu réxime competencial sen necesidade de ter que presentar un recurso de inconstitucionalidade

12/07/2023 | 16:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta segue a avanzar no desenvolvemento do PRUX do Parque Natural Fragas do Eume coa mellora da ponte colgante Cal Grande

As actuacións, que consistirán na renovación do sistema de sustentación desta infraestrutura, contan cun orzamento superior aos 100.000 euros e executaranse previsiblemente a partir do próximo mes de agosto

12/07/2023 | 15:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recibe unha nova listaxe da Sareb que reduce a 187 as vivendas que ten dispoñibles en toda Galicia

Segundo as últimas cifras facilitadas pola entidade financeira, só hai 20 inmobles en municipios cunha alta demanda, concretamente 2 en Vigo e 18 en Ferrol

12/07/2023 | 14:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
12/07/2023 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta felicita ás 7 entidades locais gañadoras de “Únete ao reto” polo esforzo da súa veciñanza para incrementar a reciclaxe de plásticos, latas e briks

Nesta cuarta edición, os concellos de Melide, Arzúa, Mos, Salvaterra de Miño, Silleda e Nigrán e a Mancomunidade da Limia foron premiados, en total, con 9.000 €, que deberán destinar a unha causa social da súa elección

11/07/2023 | 12:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta cede ao concello de Lugo os espazos públicos da terceira fase do Polígono das Gándaras, que xa ten case o 65% das parcelas vendidas ou reservadas

A semana pasada Xestur adxudicou neste mesmo ámbito 4 parcelas a 3 empresas por un importe total de 234.900 €, descontada xa a bonificación do 50%

10/07/2023 | 12:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica unha Guía de boas prácticas para axudar a integrar os sistemas de conterización de residuos domésticos nas contornas

Ángeles Vázquez salienta a importancia de combinar a prestación de servizos esenciais, como a recollida do lixo, coa preservación e o coidado do entorno a través da aplicación de solucións discretas, adaptadas e que minimicen o impacto visual

08/07/2023 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subliña o papel da actividade cinexética no mantemento do equilibrio natural

Ángeles Vázquez enmarca a colaboración entre o Goberno autonómico e a Federación galega de caza no obxectivo común de fomentar esta práctica deportiva e formar e sensibilizar aos cazadores na protección da fauna e o seu aproveitamento sustentable