Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

19/07/2023 | 15:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica tres guías para divulgar as variedades de bolboretas máis presentes nos parques naturais do Monte Aloia, Corrubedo e Xurés

Belén do Campo explica que, ademais dos 750 exemplares editados en galego e castelán que están á disposición da cidadanía nos centros de interpretación, estes folletos informativos tamén se poden consultar en liña nas páxinas web destes espazos naturais

19/07/2023 | 12:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza no deseño da Axenda Territorial de Galicia para acadar un modelo urbanístico sostible, resiliente, seguro e inclusivo

Ángeles Vázquez salienta que constituirá a folla de ruta para orientar as decisións e políticas en materia de territorio desde unha visión global e integrada

18/07/2023 | 12:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 7,2 M€ a construción de 38 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo ata o vindeiro 15 de setembro

17/07/2023 | 18:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima aos concellos das 7 reservas da biosfera a poñer en valor estes espazos como sinal de identidade e atractivo para o turismo sostible

Ángeles Vázquez salienta a importancia de levar a cabo actuacións para mellorar tanto os ecosistemas como o benestar das persoas así como para reforzar estes espazos como destinos turísticos sostibles

17/07/2023 | 11:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 350 rutas guiadas con 4.000 prazas dispoñibles para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre xullo e setembro

As rutas son de balde, pero as persoas interesadas deberán facerse cargo do custo do transporte ás illas e inscribirse previamente na web da central de reservas ou persoalmente nas casetas de información que hai en Cíes e en Ons no día da visita
 

15/07/2023 | 11:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora nunha experiencia interactiva para explorar o fondo mariño do Parque Nacional das Illas Atlánticas grazas á realidade virtual

A actividade O mar en 360º, de carácter gratuíto e que require de inscrición previa o mesmo día da visita no propio arquipélago, comeza hoxe na Illa de Sálvora

14/07/2023 | 17:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Trenor pon en valor a excelencia do turismo galego co izamento das bandeiras azul e de Q de calidade turística no Real club náutico da Coruña

Trenor destacou a importancia de acadar este tipo de distincións que contribúen á dinamización turística e posicionamiento de Galicia como destino de calidade debido a que constitúen un elemento determinante na toma de decisións para un importante e numeroso colectivo, tanto de turistas nacionais como internacionais

14/07/2023 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subliña que a Lei do litoral garante o acceso a servizos básicos e esenciais nos núcleos costeiros fronte á interpretación restritiva estatal

Ángeles Vázquez incide en que a nova regulación autonómica declara uso de carácter estratéxico as dotacións públicas de abastecemento e saneamento de augas xa que resultan indispensables para garantir a calidade de vida das poboacións costeiras

13/07/2023 | 19:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Leiro colaborarán nas obras de acondicionamento da praza Eladio Rodríguez

Os traballos, cun importe total previsto de máis de 122.000 euros, consistirán na renovación de mobiliario e xardíns co obxectivo de crear un novo espazo de alameda