Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

30/08/2023 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colaborará con Repsol nun proxecto pioneiro en Galicia para recuperar aceite de cociña usado e transformalo en biocombustible

Ángeles Vázquez explica que se habilitarán puntos de recollida en estacións de servizo das catro provincias e que os primeiros estarán operativos este mesmo ano

30/08/2023 | 13:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
29/08/2023 | 17:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Socios europeos do proxecto GIFT poñen o Monte Xalo como exemplo de integración paisaxística e combinación de valores naturais e culturais

A Xunta foi elixida pola Comisión Europea para liderar e coordinar esta iniciativa, impulsada no marco do programa Interreg e cunha duración prevista de catro anos

28/08/2023 | 12:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia as obras de rehabilitación de 2 inmobles en Ferrol Vello para dotar á cidade de 5 novas vivendas de promoción pública

Cun investimento de 1,75 millóns de euros, Ángeles Vázquez explicou que se trata dos números 8 e 22-24 da rúa Carme Curuxeiras e que as vivendas se adxudicarán en alugueiro entre os inscritos no Rexistro de demandantes do IGVS, con prioridade para os mozos

27/08/2023 | 14:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia acollerá esta semana a primeira reunión técnica dos socios europeos do proxecto GIFT para avanzar na xestión da infraestrutura verde a nivel rexional

A Xunta foi escollida pola Comisión Europea para liderar e coordinar esta iniciativa, impulsada no marco do programa Interreg e cunha duración prevista de catro anos

26/08/2023 | 17:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

A Xunta promove actividades de reciclaxe e prácticas sostibles entre os asistentes ao ‘Festival da luz’

Durante a fin de semana prevense accións divulgativas en materia de residuos, repartirase merchandising entre o público, haberá zona de aparcamento para vehículos eléctricos con 12 puntos de recarga e a área infantil funcionará só con enerxía solar

25/08/2023 | 16:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Secretaría Xeral de Emigración
25/08/2023 | 13:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Unha decena de voluntarios realizarán labores ambientais na Illa de Cortegada esta fin de semana

Trátase dunha das 32 accións previstas este verán en espazos naturais no marco do programa de voluntariado promovido pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Consellería de Política Social e Xuventude

24/08/2023 | 13:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes 6,36 M€ en préstamos sen xuros para rehabilitar e conservar edificacións municipais

Desde mañá e ata o 31 de outubro as entidades locais interesadas poden acollerse á sétima convocatoria do Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo

23/08/2023 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa a metade dos traballos do proxecto para a restauración ambiental de 33 km no río Lérez, cun investimento total de preto de 350.000 €

Ángeles Vázquez avanza que desde o verán pasado xa se interveu en case 16 km e que as principais actuacións consisten en eliminar mimosas e falsas acacias, especies invasoras, e na plantación de bidueiros e ameneiros en zonas sensibles da ribeira