Actualidade
Buscador de novas
A Xunta informa ao concello de Cariño do procedemento para instalar gaiolas-trampa para o xabaril no núcleo urbano do municipio
A directora xeral de Patrimonio Natural respondeu onte a un escrito da alcaldesa no que se interesaba pola posibilidade de recorrer a este método de captura ante a presenza de exemplares deste animal en certos puntos do municipio
A Xunta e o concello de San Cibrao das Viñas colaboran na humanización da praza central da localidade cun investimento de preto de 130.000 euros
Ángeles Vázquez explica que esta actuación se levará a cabo ao abeiro do Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar aos municipios a financiar este tipo de proxectos que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza
O decreto que facilita a conversión de baixos comerciais sen uso en vivendas entrará en vigor o 15 de outubro
Modifica e actualiza as normas de habitabilidade de Galicia, aprobadas en 2010 e que regulan as condicións que deben cumprir as vivendas novas ou rehabilitadas
Preto de 450 voluntarios limparán nos próximos días 26 praias no marco da campaña apoiada pola Xunta ‘1m2 polas praias e os mares’
Esta nova campaña de recollida de residuos, enmarcada no proxecto Libera, dará comezo mañá e estenderase ata o día 24 deste mes
A Xunta salienta que a flexibilización para converter baixos comerciais en vivendas permitirá aumentar a oferta residencial e baixar os prezos dos alugueiros
Ángeles Vázquez explica que a actualización das Normas de habitabilidade permitirá que os propios concellos sexan os que determinen as zonas nas que se poderá eximir a estes baixos dalgúns requisitos ou rebaixar os criterios
A Xunta declarará a emerxencia cinexética temporal en 37 comarcas para controlar a poboación do xabaril
A medida, que afecta a 248 concellos e abrangue o 80,7 % da superficie galega, entrará en vigor este sábado e manterase ata o 25 de febreiro de 2024
A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo avalían vías de colaboración para avanzar na loita contra o cambio climático
Tamén analizaron a situación actual da Plataforma loxístico industrial Salvaterra–As Neves (Plisan) e a evolución das obras do apartadoiro ferroviario
Rueda destaca que a Xunta garante o equilibrio entre a protección da natureza e a actividade económica a través da Lei do Clima e a Lei do Litoral
Salienta que Galicia se sitúa á vangarda na loita contra o cambio climático con medidas como a Alianza Galega polo Clima, a Estratexia de Economía Circular do Sergas, o fomento da mobilidade sostible ou o apoio ás empresas na transición enerxética