Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

21/09/2023 | 15:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reitera a súa aposta por un desenvolvemento eólico ordenado e compatible co medio ambiente

Ángeles Vázquez agradece o esforzo realizado por parte do persoal da Xunta para tramitar un alto volume de proxectos no pouco tempo imposto por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

21/09/2023 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de humanización da praza pública de Meréns, no concello de Cortegada

Gabriel Alén destacou que a Xunta inviste 94.000 euros na mellora da accesibilidade a un espazo que na actualidade se destina a aparcadoiro e a actividades sociais

21/09/2023 | 10:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Baiona abordarán unha planificación integral de actuacións para poñer en valor o estuario da Foz

Ángeles Vázquez avanza tamén a intención de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de retomar a segunda fase do proxecto de humanización da Avenida de Sabarís

20/09/2023 | 19:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estudará colaborar co Concello de Ponteceso para acondicionar e habilitar dúas sendas fluviais no municipio

Ángeles Vázquez e José Manuel Mato analizaron tamén as posibilidades de ampliar o parque público residencial do municipio a través da rehabilitación de antigas vivendas de mestres, un proxecto que podería optar á liña de axudas do IGVS do ano que vén

20/09/2023 | 14:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estuda colaborar co concello de Beariz para a humanización de varias rúas do municipio

Ángeles Vázquez explica que esta actuación podería acollerse ao Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar aos municipios a financiar este tipo de proxectos que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

19/09/2023 | 15:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o papel do visor cartográfico para facilitar o traballo da industria madeireira

Enrique de Salvador explica que o obxectivo é saber, dunha forma rápida e sinxela, se as parcelas nas que se van levar a cabo cortas teñen algún tipo de afección

19/09/2023 | 13:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza que máis de 460.000 persoas visitaron as Illas Atlánticas durante a tempada de verán e prevé un novo récord de afluencia este ano

Ángeles Vázquez subliña que entre o 15 de maio e o 15 de setembro os catro arquipélagos rexistraron un 5,1 % máis de visitas que no mesmo período de 2022
 

17/09/2023 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez enxalza os lazos históricos de irmandade entre Galicia e Asturias

Subliña que ambas comunidades comparten tamén unha biodiversidade e un patrimonio natural únicos en España

16/09/2023 | 17:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora este verán nunha actividade para dar a coñecer a riqueza natural das Illas Atlánticas a través de visitas en kayak

A experiencia, que comezou no mes de xuño, permitiu que ao redor de 2.000 persoas explorasen xa recunchos inaccesibles con embarcacións doutro tipo, ademais de incluír aspectos formativos e de sensibilización por parte dos guías do Parque Nacional