Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

23/09/2023 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Secretaría Xeral de Emigración
23/09/2023 | 10:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia é a comunidade co mellor nivel de execución dos fondos europeos destinados ás reservas da biosfera

Belén do Campo denuncia que o atraso do Goberno central en convocar a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente prexudica á Xunta xa que lle impide chegar ao 100% e paraliza a posibilidade de investir a totalidade do orzamento asignado

22/09/2023 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remite á Comisión Europea un informe sobre a situación actual do lobo en Galicia e o seu impacto

No documento, enviado esta mañá, achégase un primeiro anexo coas conclusións sobre a situación actual da especie e a última actualización do censo na Comunidade e outro no que se detalla a evolución dos avisos por ataques, dos danos por tipo de animal e das axudas existentes para evitar ou minimizar os seus efectos

22/09/2023 | 14:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a Guía de contratación pública ecolóxica supón un avance cara á economía circular e á neutralidade climática

Ángeles Vázquez di que ofrece información moi práctica dirixida a que os contratos públicos contribúan a aumentar a sostibilidade e reducir a pegada ambiental

22/09/2023 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 107.000 euros a obra de humanización da praza Eladio Rodríguez, en Leiro

Os traballos consistirán na pavimentación da zona, na renovación de mobiliario e a colocación de xardíns co obxectivo de crear un novo espazo de alameda

22/09/2023 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O proxecto de prolongación da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás acada o visto e prace ambiental

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio coa resolución da declaración de impacto ambiental, na que se conclúe que a infraestrutura viaria é viable sempre que se cumpran os condicionantes recollidos no propio documento

21/09/2023 | 19:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta consultiva de urbanismo emitiu no seu primeiro ano de actividade 91 informes que axudaron a aplicar a normativa sectorial e resolver dúbidas interpretativas

O órgano autonómico foi constituído en xullo do ano pasado co fin de avanzar na simplificación e eficacia da tramitación dos procedementos administrativos en materia urbanística e de ordenación do territorio

21/09/2023 | 16:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 8,5 M€ as obras de ampliación do parque empresarial das Gándaras, en Lugo

As empresas interesadas en concorrer a este contrato teñen de prazo ata o vindeiro 23 de outubro para poder presentar as súas ofertas de forma telemática