Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

02/10/2023 | 14:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recibe 2.500 solicitudes de axudas para mellorar a eficiencia enerxética en edificios e vivendas

Ángeles Vázquez subliña que o seu departamento convocou este ano 3 programas de subvencións para actuacións de rehabilitación cun orzamento de máis de 43 M€
 

01/10/2023 | 10:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Xunta e Concello de Toén analizan as liñas de axudas en materia de vivenda ás que pode optar o municipio

Tamén abordaron o interese do Goberno local na creación dun parque empresarial de titularidade municipal, un proxecto para o que o IGVS lle ofreceu o seu asesoramento

30/09/2023 | 10:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Máis de 2.500 persoas participaron este verán na actividade de mergullo organizada no Parque Nacional das Illas Atlánticas

A iniciativa, na que colabora a Xunta, ofreceu a posibilidade de coñecer os fondos mariños deste espazo natural de xeito único, ademais de promover a conciencia ambiental sobre a contorna

29/09/2023 | 15:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinou en 2022 preto de 120.000 euros para a posta en valor e mantemento do Parque Natural Monte Aloia

Belén do Campo destaca o compromiso do Goberno galego coa protección deste espazo protexido que, entre o investimento recibido o ano pasado e o que executado no que vai de 2023, podería acadar os 300.000 € no período 2022-2023

29/09/2023 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta executou en 2 anos preto do 90% das medidas acordadas no marco do Pacto social pola vivenda e axudou a acceder a un fogar a 9.400 familias

Ángeles Vázquez subliña que as actuacións previstas en materia de solo residencial xa están en marcha e que desde 2021 xa se rehabilitaron máis de 14.400 vivendas

29/09/2023 | 13:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete durante un mes a información pública o Plan de xestión do Monumento Natural da Serra de Pena Corneira

Poderase consultar e presentar achegas no portal de transparencia e na web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

28/09/2023 | 21:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade
28/09/2023 | 18:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o compromiso de Cáritas e Alcampo pola economía circular coa reutilización de prendas de vestir

A iniciativa ten como obxectivo impulsar o mercado da roupa de segunda man, práctica que contribúe á diminución do residuo que xeran as prendas desbotadas e á inclusión sociolaboral de grupos en situación de vulnerabilidade