Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

25/10/2023 | 18:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta expón a representantes europeos o traballo realizado no observatorio costeiro de Cortegada a través dos proxectos Radaronraia e Marrisk

Presentáronse os resultados de ambas iniciativas, que permiten mellorar o coñecemento oceanográfico e medir indicadores do cambio climático nas rías galegas e tamén nas augas do país veciño

25/10/2023 | 18:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lamenta a “parálise” na que o goberno central deixa a Galicia co recurso contra a lei do litoral e censura as diferencias de trato entre comunidades

Ángeles Vázquez contrapón a forma de entender o litoral do Estado, que avoga por eliminar calquera vestixio humano do mesmo, coa xestión integrada que quere Galicia

25/10/2023 | 16:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina máis de 6,6 M € en axudas para as áreas de rehabilitación dos camiños de Santiago, da Ribeira Sacra e de Illas Atlánticas

A convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia o vindeiro luns, 30 de outubro, e as solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte e ata o 30 de novembro

25/10/2023 | 16:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia que a ampliación nun millón de metros cadrados na Plisan se aprobará o vindeiro mes de novembro

O complexo loxístico, impulsado pola Xunta, Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio Zona Franca, aumentará a súa superficie ata superar os 4 millóns de m2

24/10/2023 | 19:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda apela ao compromiso do tecido social e económico galego para acadar a neutralidade climática en 2040

Salienta que a futura aprobación da Lei do clima establecerá este obxectivo como unha obriga legal

24/10/2023 | 15:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A delegada da Xunta supervisa as obras de humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño

Ana Ortiz realizou un percorrido polos traballos que o Goberno galego leva a cabo na praza da Oliva e nas rúas do recinto amurallado

23/10/2023 | 18:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste máis de 235.000 euros na eliminación de puntos de vertido incontrolados no concello de Lalín

Ángeles Vázquez avanza que o parque empresarial Lalín 2000 contará o vindeiro ano cunha partida orzamentaria de máis de 3 M€ para acometer a súa ampliación

22/10/2023 | 11:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica preto de 70.000 metros cadrados de solo empresarial en 5 polígonos industriais

O importe de adxudicación foi de 7,15 millóns de euros despois de descontar as bonificacións aplicables sobre o prezo de venda, por máis de 3,3 millóns de euros

21/10/2023 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta manterá en 2024 o seu apoio a concellos e entidades protectoras para o coidado de animais domésticos abandonados cun Orzamento de 450.000 €

Ángeles Vázquez engade que o Goberno galego promoverá a construción dun parque canino nas 7 grandes cidades para proporcionar áreas seguras nas que convivir de xeito harmonioso cos animais de compañía

21/10/2023 | 10:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 135.000 € a obra de humanización da contorna da praza da Ermida, en Covelo

A intervención consistirá no redeseño da rede viaria, na instalación de mobiliario urbano e na corrección de impactos paisaxísticos, entre outros traballos