Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

30/10/2023 | 15:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia acolle a primeira reunión para a posta en marcha do proxecto europeo Green Gap para a promoción das infraestruturas verdes a nivel local

Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

30/10/2023 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Vicepresidencia Segunda destinará en 2024 unha partida histórica de case 215 M€ ás políticas de vivenda e solo industrial, un 21% máis que este ano

Ángeles Vázquez salienta a aposta da Xunta por situar entre os piares da súa xestión o eido residencial, a sostibilidade, o medio ambiente e o urbanismo responsable

28/10/2023 | 14:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta e a cadea mar-industria advirten do grave impacto na actividade pola inseguridade xurídica que xera o recurso contra a Lei do litoral galega

 Ángeles Vázquez censura a falta de transparencia do Goberno central, que nin sequera lle comunicou ao Consello de Estado a súa decisión de presentar o recurso ante o Constitucional e continúa negándolle á Xunta o dereito a defender a súa lei
 

28/10/2023 | 11:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Costa Rica e Uruguai visitan o Parque Nacional das Illas Atlánticas para intercambiar experiencias no coidado das áreas protexidas e establecer sinerxías

Unha delegación dos gobernos de ambos países pasou seis días en Galicia no marco dun proxecto de intercambio de formación e información financiado pola UE

27/10/2023 | 15:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta defende a Lei do Litoral de Galicia como norma innovadora e referente a seguir para a xestión integrada da costa

Ángeles Vázquez expón que a aposta pola integración do modelo galego contraponse á exclusión pola que avoga o Goberno central ao pretender eliminar da costa calquera vestixio humano

26/10/2023 | 17:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Trenor participa no izado da Bandeira Verde de Galicia no concello da Laracha

O municipio de Oleiros foi galardoado por primeira vez e os de Curtis, A Laracha, Muros, Ordes, Porto do Son e Ribeira revalidan este distintivo

26/10/2023 | 16:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 13,16 M€ as obras de urbanización da primeira fase de San Paio de Navia

O Instituto Galego da Vivenda e Solo asinou o contrato coa empresa gañadora da licitación, o que garante que en novembro comezarán os traballos sobre o terreo

26/10/2023 | 15:12 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta activará un servizo pioneiro de asesoramento técnico para promover en Galicia iniciativas públicas e privadas de adaptación ao cambio climático

Rueda resalta que especialistas en diferentes áreas asesorarán sobre medidas ou proxectos para adaptarse ao quecemento global

26/10/2023 | 14:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental á construción dunha planta de hidróxeno nas Pontes de García Rodríguez

Trátase do primeiro proxecto industrial estratéxico de Galicia e permitirá localizar no concello coruñés unha nova fábrica con capacidade de produción final de ata 100 MW