Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudicará nas vindeiras semanas as obras de urbanización que permitirán ampliar en preto de 220.000 M2 o polígono industrial das Gándaras
Ángeles Vázquez explica que os traballos para acondicionar as 3 novas fases desta área empresarial comezarán a comezos de 2024 e garantirán a posta á disposición das empresas da zona de 38 parcelas de uso industrial e con todos os servizos
A Xunta reitera a necesidade de modificar a Lei de benestar animal do Estado para facela aplicable e asumible para as comunidades autónomas e concellos
O Executivo galego censura que a normativa do Goberno central vai máis aló do que debería ser unha lexislación básica sen atender as alegacións das partes implicadas e xerando numerosas críticas dos distintos sectores afectados
A Xunta pon en valor que as 4 provincias galegas presentan candidaturas para contar co distintivo de Sendeiros azuis en 2024
Belén do Campo incide en que o obxectivo é revalidar o resultado obtido na pasada edición destes galardóns, cando se converteu na autonomía co maior número de distintivos deste tipo con 35 itinerarios recoñecidos
A Xunta investirá case 220.000 euros na redacción dos proxectos para urbanizar e parcelar a ampliación do parque empresarial de Bértoa, en Carballo
A finalidade é axilizar os trámites para urbanizar preto de 640.000 metros cadrados de superficie bruta, dos que arredor de 380.000 metros cadrados corresponden a parcelas de uso empresarial
A Xunta convocará en xaneiro por 2 M€ as axudas a concellos e particulares para corrixir o impacto paisaxístico de vivendas, edificios e equipamentos
Rueda destaca que o obxectivo é “seguir promovendo o fermosismo” e reformar inmobles “en mal estado e que afean a paisaxe e as contornas”
Máis de 23.000 escolares participaron o curso pasado nas accións de educación ambiental da Xunta para poñer en valor o patrimonio natural galego
Belén do Campo avoga por seguir apostando pola formación para concienciar á sociedade no coidado da contorna e reforzar os lazos entre natureza e mocidade
A Xunta anima ao sector do I+D galego a colaborar na creación de sinerxías para aumentar a resiliencia da comunidade ante o cambio climático
Ángeles Vázquez salienta o compromiso que une á administración e ao tecido produtivo e social no obxectivo común de situar Galicia á cabeza das rexións europeas na loita contra o quecemento global
A Xunta avanza na posta en valor da reserva de biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel con máis de 500.000 euros de investimento
Belén do Campo salienta que a maioría de accións previstas ata abril de 2024 xa están completadas ou moi avanzadas como o proxecto para a xestión de bosques de castiñeiros ou a mellora de frondosas, que actúan en 50 hectáreas de superficie
A Xunta incrementa nun 40% o orzamento das axudas a promotores para construír vivendas en alugueiro
A dotación da convocatoria ascende a un total de 19,2 millóns de euros, contía coa que o Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá atender todas as solicitudes recibidas
A Xunta entrega a Bandeira Verde ao concello de Curtis para recoñecer o seu compromiso co medio ambiente e a conservación da paisaxe
O director do Instituto de Estudos do Territorio fixo entrega deste distintivo ao alcalde para poñer en valor accións como a súa estratexia de sostibilidade ambiental ou o plan para instalar luminarias LED en todo o municipio