Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

05/12/2023 | 14:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou o outono máis cálido e máis húmido da serie histórica

O avance do informe climatolóxico do outono elaborado por MeteoGalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graos

05/12/2023 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede preto de 40.000 € ao concello de Bóveda para rehabilitar varios inmobles municipais

O Goberno galego convocará nas vindeiras semanas unha nova edición desta iniciativa, que, cun orzamento inicial de 2 M€, estímase que se poderá axudar a máis de 50 entidades locais e a case 400 cidadáns

05/12/2023 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Martina Aneiros pon en valor en Cerdido a riqueza xeolóxica do Ortegal durante a presentación do proxecto educativo do Xeoparque Cabo Ortegal

A iniciativa desenvólvese actualmente en seis centros educativos da comarca coa participación duns 200 alumnos e nos próximos meses estenderase ao resto de centros da contorna

04/12/2023 | 14:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez chama á unidade do Parlamento para exixir ao Estado que retire o recurso contra unha Lei do litoral que só defende os intereses dos galegos

A Xunta censura a arbitrariedade do Goberno central neste asunto pois descartou o diálogo, recorreu directamente ao Tribunal Constitucional e excluíu das súas teses cuestións do informe do Consello de Estado que non avalaban a súa posición

03/12/2023 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor a viticultura como aliado clave contra o cambio climático e referente na aposta pola sostibilidade

Tras lembrar que a Denominación de Orixe Rías Baixas é a máis grande de Galicia e unha das máis antigas, convida á entidade a unirse á Alianza galega polo clima para sumar a súa experiencia e compromiso coa terra e a paisaxe á loita contra o quecemento global

03/12/2023 | 13:24 | C. do Medio Rural; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Alumnos do Centro Pedro Murias da Xunta reciben formación práctica sobre o medio natural e a recuperación de fauna

Os estudantes do ciclo dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural visitaron o Centro de Recuperación da fauna do Veral, en Lugo

02/12/2023 | 13:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licitará nos vindeiros meses a rehabilitación de catro dos inmobles adquiridos en Ribadavia no marco do Programa Rexurbe

Ángeles Vázquez ofrece ao concello o apoio e asesoramento do IGVS para avanzar no borrador Plan de dinamización da Área Rexurbe, co fin de axilizar a súa aprobación

02/12/2023 | 10:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Máis de 300 voluntarios limparán nos próximos días unha vintena de montes e sendas dentro da campaña apoiada pola xunta 1m2 contra a basuraleza

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colabora desde o ano 2017 nesta iniciativa, que cada ano goza dun maior nivel de participación na Comunidade

01/12/2023 | 21:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel dos cazadores no control da fauna e a preservación dos ecosistemas silvestres

Ángeles Vázquez pon en valor a formación continua dos afeccionados a este deporte en eidos como a prevención de accidentes, as enfermidades da fauna cinexética ou a saúde alimentaria pois contribúen a unha práctica máis ética, responsable e sostible
 

01/12/2023 | 14:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia traballa nunha solución innovadora para optimizar a captura de carbono coa que avanzar no obxectivo de acadar a neutralidade climática en 2040

A comunidade busca a través do proxecto SICLE promover a absorción de carbono en zonas forestais, terreos agrícolas e áreas costeiras e de acuicultura que permitan unha compensación de CO2 de proximidade