Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes para pescar lamprea no río Tea a próxima tempada
O Diario Oficial de Galicia publica a Orde que regula a pesca desta especie e fixa as condicións para participar no sorteo de postos, que se celebrará o 19 de xaneiro
A Xunta expuxo as actuacións públicas en vivenda nas xornadas organizadas polo Colexio de arquitectos
O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo expuxo as actuacións directas do organismo e as axudas para o acceso á vivenda, á rehabilitación e á promoción privada
A Xunta e Repsol poñen en marcha un proxecto pioneiro en Galicia para recuperar aceite de cociña usado e transformalo en biocombustible
Ángeles Vázquez explica que se habilitan puntos de recollida en máis de 180 estacións de servizo das catro provincias
A Xunta somete a exposición pública a aprobación inicial do Plan estruturante do polígono de Paderne de Allariz
Prevé o desenvolvemento dun novo ámbito de 1.161.674 metros cadrados
A Xunta mostra ao alumnado de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo a importancia do uso da cartografía na xestión do territorio
Un grupo de estudantes puido comprobar como se aplican distintas ferramentas á xestión forestal así como diferentes solucións aportadas pola intelixencia artificial en cuestións relacionadas coa xestión do solo
Rueda anuncia que en 2024 comezará a construción de 201 vivendas de promoción pública no barrio vigués de San Paio de Navia
Salienta que a Xunta destina case 36 M€ a estes inmobles que estarán destinados en exclusiva ao alugueiro
A Xunta destaca a implicación dos sectores público e privado na loita contra o cambio climático como clave de que Galicia sexa referente neste eido
Ángeles Vázquez pon en valor as estratexias postas en marcha polo Executivo galego relacionadas co cambio climático e a enerxía, a economía circular, a lei de residuos e solo contaminados, o pacto das alcaldías ou a alianza galega polo clima
A Xunta concede 2 axudas por máis de 200.000 € ao concello de Oza-Cesuras para mellorar o punto limpo municipal e reforzar o servizo cun camión itinerante
Os traballos previstos permitirán cubrir o espazo no que se depositan os residuos e instalar un novo contedor para téxtiles, reforzando así a súa capacidade de recollida
Ángeles Vázquez e o concello de Muíños avanzan na súa colaboración para mellorar distintos espazos públicos do municipio
O proxecto municipal para humanizar zonas de Pazos, Quintá e Muíños conta cun orzamento de preto de 600.000 euros