Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

15/12/2023 | 20:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste máis de 115.000 euros en dous vehículos eléctricos para realizar labores de conservación nas Illas Cíes e en Ons

Os medios adquiridos están especialmente preparados para transitar por zonas agrestes do medio natural, como pistas irregulares ou sen asfaltar

15/12/2023 | 15:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta comeza as obras de mellora do saneamento municipal de Cambados cun investimento de 1,7 M€

Esta intervención comprende a mellora de saneamento no núcleo urbano, con novos colectores, a optimización do sistema na zona do Facho ou a mellora dos bombeos de Fefiñáns e da praza do Concello

15/12/2023 | 12:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 6,3 M€ en préstamos sen xuros a 15 concellos para financiar actuacións de rehabilitación e conservación de inmobles municipais

Ángeles Vázquez pon en valor que, nas 7 convocatorias desta iniciativa, o Goberno galego leva concedidos 24 M€ para impulsar 102 actuacións

15/12/2023 | 12:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta saca a licitación a construción de 24 novas vivendas de promoción pública en Santiago por 4,6 M€

Este proceso para a edificación dun inmoble na zona de Lamas de Abade engádese ao xa iniciado a semana pasada para outro de 12 vivendas por 2,6 millóns de euros

15/12/2023 | 12:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a información pública a aprobación inicial do Plan estruturante do polígono de Coristanco

Prevé desenvolver un novo ámbito duns 64.000 m2 e que podería superar os 173.000 m2

14/12/2023 | 17:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinou este ano máis de 6 M€ en actuacións directas nas Illas Atlánticas e axudas para impulsar proxectos nos concellos da súa área de influencia

Belén do Campo salienta os 1,48 M€ adxudicados en subvencións para executar máis de 70 actuacións nos concellos de Ribeira, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Bueu a cargo de particulares, empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas

14/12/2023 | 16:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as consultas ambientais do proxecto da rolda Sur-Oeste de Ordes, que permitirá liberar de tráfico o centro do municipio

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete o proxecto ao proceso de avaliación ambiental simplificada ao longo dun mes

14/12/2023 | 13:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 50.000 euros á mellora da contorna do Centro Social de Calvos, en Bande

O investimento enmárcase no convenio de colaboración asinado entre o Executivo galego e o Concello para acondicionar esta zona de lecer da veciñanza

 

13/12/2023 | 15:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na súa aposta por un urbanismo responsable coa aprobación do PXOM de Ordes

Ángeles Vázquez reitera que o Goberno galego segue a traballar cos concellos para impulsar o obxectivo de dotar a todas as entidades locais dun instrumento urbanístico acorde coas súas necesidades e co marco normativo vixente

13/12/2023 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Observatorio da Vivenda alerta de que a inconcreción da nova Lei estatal permitiría declarar como tensionado entre un 20 e un 30% dos concellos galegos

Un informe encargado pola Xunta constata que en función do indicador que se tome como referencia, o índice de accesibilidade de vivenda estatal ou os datos das fianzas que manexa o IGVS, o impacto da medida na Comunidade sería dispar