Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

23/12/2023 | 10:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 40.000 euros nas obras de urbanización dunha rúa en Grou, no concello de Lobios

As actuacións enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o Executivo galego e o Concello para acondicionar esta zona do lugar de Cima de Vila

22/12/2023 | 16:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha a unidade especializada de axentes medioambientais para velar pola protección e conservación da Galicia verde

Ángeles Vázquez subliña que a unidade de investigación para a conservación da natureza abordará materias que, pola súa complexidade e carga de traballo, requiren dunha especial dedicación, coñecementos específicos e habilidades particulares

22/12/2023 | 12:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emitiu preto de 1.200 informes paisaxísticos en 2023 e sumou case 20.000 visitas ao seu visor dixital A paisaxe de Galicia desde a bicicleta

Ángeles Vázquez salienta o labor do Instituto de Estudos do Territorio a prol da protección das diferentes formas de paisaxe e da cultura do fermosismo

22/12/2023 | 12:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta fixa a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Tambre entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2024

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe a resolución renovando o plan de aproveitamento específico da especie

21/12/2023 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 700.000 euros no mantemento dun inmoble de vivendas de promoción pública da rúa Ribeira Sacra da Coruña

O Instituto Galego da Vivenda e Solo licitou as obras para substituír a cuberta e realizar outras actuacións coas que corrixir as humidades do edificio

20/12/2023 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel do Plan Hurbe na humanización e desenvolvemento dos núcleos rurais de concellos como Outeiro de Rei

Ángeles Vázquez lembra que este programa, que permitiu financiar máis de 420 proxectos desde 2010 por importe de preto de 170 M€, conta cun orzamento para o vindeiro ano de 8 millóns de euros

20/12/2023 | 12:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá case 200.000 € no mantemento do inmoble de vivendas de promoción pública da rúa Teixugueiras 15-17, en Vigo

O Instituto Galego da Vivenda e Solo licitou as obras para reparar as xuntas de selado entre paneis da fachada e o illamento da carpintería das fiestras que estea deteriorado

19/12/2023 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta asina os convenios para construír co apoio de fondos europeos 306 vivendas en Xuxán, na Coruña

Un dos acordos supón materializar a axuda concedida polo Executivo galego ao Concello para que constrúa 50 vivendas e outro é para que dúas cooperativas levanten 256 vivendas