Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de rehabilitación e construción de 13 vivendas para alugueiro social en Ferrol Vello
O contrato, que sae a concurso hoxe na plataforma de contratos de Galicia, suporá a rehabilitación de cinco edificios e a construción doutro novo para dispoñer dun total de 13 vivendas, 11 rochos e un local
A Xunta cede ao Concello de Mañón a xestión do Observatorio Ornitolóxico de Estaca de Bares
Do Campo lembra que este observatorio é o único refuxio público de uso público e gratuíto que permite a pernoita en Galicia
A Xunta licita por case 370.000 € as obras de renovación do pavimento e instalación dunha nova iluminación da Ponte Esperela, en Leiro
O delegado territorial explicou que as empresas interesadas neste contrato teñen ata o 22 de xaneiro de 2024 para presentar as súas ofertas
A Xunta culmina a construción da vía de conexión das estradas principais do parque empresarial de Espiñeira, en Boiro
A vicepresidenta segunda destaca que esta actuación dá resposta a unha demanda dos empresarios da zona para mellorar a mobilidade dentro do parque empresarial
A Xunta destina 90.000 € ás axudas para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia
Este financiamento pode cubrir ata o 100 % do custo da actuación, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € se é unha formación
A Xunta adxudica 24.400 metros cadrados de solo empresarial en cinco concellos con máis de 1,1 m€ de bonificación
Os terreos corresponden a 13 parcelas polas que as empresas pagarán algo máis de 2 M€
A Xunta adxudica por 40 M€ a xestión integral da rede de plantas de transferencia de residuos de Sogama
O contrato conta cunha duración inicial de tres anos, ampliable a cinco e cunha prórroga excepcional de nove meses, e inclúe tamén melloras na súa operativa para que gañen eficiencia para optimizar a prestación deste servizo público
A Xunta adxudica por 32 M€ a xestión integral da planta de clasificación de envases lixeiros de Sogama
O contrato conta cunha duración inicial de tres anos, ampliable a cinco e cunha prórroga excepcional de nove meses, e pretende incrementar as toneladas deste tipo de residuos destinadas á reciclaxe
A Xunta adxudica por 770.000 euros as obras para mellorar a eficiencia enerxética do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia
A actuación, cun prazo de execución de 5 meses, enmárcase no Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos e está cofinanciada con fondos propios e da UE