Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.209 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

01/06/2024 | 16:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contribúe a eliminar dous puntos de vertido de augas residuais urbanas a afluentes do río Anllóns, no concello de Coristanco

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron as incidencias en inspeccións rutineiras  

01/06/2024 | 15:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora na oitava edición da xornada de recollida de lixo 1m2 contra a basuraleza

A iniciativa, organizada de forma simultánea en todo o país, ten como fin reducir a presenza de lixo na natureza e concienciar á poboación sobre a importancia da reciclaxe

01/06/2024 | 10:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
31/05/2024 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá a coñecer a riqueza ambiental dos parques naturais galegos mediante conexións en directo desde a Feira Internacional Abanca Semana Verde

Ángeles Vázquez reitera a aposta da Xunta por concienciar á poboación sobre a importancia de protexer e conservar os espazos naturais ao ser fundamentais para a Comunidade tanto desde o punto de vista ambiental como desde o económico e o social

31/05/2024 | 13:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación na contorna do rego de Loiba, ao seu paso polo concello de Viveiro

As tarefas céntranse nun treito de preto dun quilómetro e inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

31/05/2024 | 13:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na tramitación do Plan de xestión da Serra de Pena Corneira que compatibiliza a protección deste espazo co seu uso público

O proxecto de decreto, sometido a consideración do Cogamads, busca identificar os valores a protexer, os posibles riscos, as normas de aproveitamento do solo e dos recursos naturais así como de acceso da poboación ao monumento natural

30/05/2024 | 17:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apela a que as administracións asuman un papel clave no cambio cara a un modelo socioeconómico máis sostible e unha transición enerxética xusta

Paula Uría incide na importancia de aproveitar a oportunidade que supón este momento de transformación para impulsar un cambio estrutural que permita seguir avanzando na acción climática e no impulso da economía verde

30/05/2024 | 15:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mellora no río Sarela, ao seu paso polo Concello de Santiago

As tarefas céntranse nun treito de máis de 5.000 metros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

30/05/2024 | 14:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta duplicará a rede de aforos de Galicia-Costa ata chegar a 95 estacións para reforzar a prevención e a resposta ante situacións hidrolóxicas extremas

Ángeles Vázquez subliña a importancia de dispoñer dun sistema automático de medición en tempo real xa que ofrece información clave para o seguimento de secas e inundacións, a predición de posibles avenidas e o control dos caudais ecolóxicos

30/05/2024 | 13:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e optimizar o seu aproveitamento

Galicia participa en Avilés nunha xornada sobre o Perte para a dixitalización do ciclo da auga, unha ferramenta da que a comunidade galega recibe algo máis de 10 millóns de euros co obxectivo de impulsar melloras neste eido