Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aposta por concienciar aos máis novos sobre a protección dos espazos naturais para convertelos en aliados no seu coidado presente e futuro
Ángeles Vázquez destaca a importancia de facer unha xestión sustentable de áreas como o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés pois son verdadeiros pulmóns naturais e unha ferramenta fundamental na loita contra o cambio climático
A Xunta investiu preto de 90.000 euros na mellora de máis de 10 quilómetros de tramos fluviais entre os concellos de Ames e Brión
Os traballos, que comezaron no mes de febreiro e remataron na segunda semana de maio, afectaron a diferentes regos e afluentes vencellados co río Sar
Manuel Pardo convida aos escolares a asumir un compromiso real co medio ambiente e a sustentabilidade
O delegado territorial subliñou que “coidar o medio ambiente é responsabilidade de todos e os nenos non son unha excepción”
A Xunta pon en marcha a planta de transferencia de residuos de Arbo, con capacidade para tratar 5.700 toneladas de refugallos urbanos anuais
Ángeles Vázquez subliña que das 17 plantas incluídas na Rede galega para a valorización da materia orgánica só quedan por entrar en funcionamento a de Riotorto, que xa está rematada, e a de Vigo, que acaba de recibir licenza municipal
A Xunta adxudica por preto de 900.000 euros o contrato para crear a Oficina Técnica de Impulso de Iniciativas de Adaptación ao Cambio Climático
Galicia resiliente é un servizo pioneiro que prestará asesoramento especializado ás entidades integrantes da Alianza Galega polo Clima e do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía co obxectivo de acadar o antes posible a neutralidade climática
A Xunta aposta por avanzar na concienciación da cidadanía sobre a protección dos ecosistemas e a preservación da súa biodiversidade
Ángeles Vázquez pon en valor o traballo realizado en Galicia para a mellora da situación biolóxica de especies vulnerables como a píllara das dunas, presente na lagoa de Baldaio e que conta cun plan de conservación
A Xunta concede 40 axudas por un importe de 90.000 € para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras
Outorga 17 subvencións a 10 entidades propietarias ou particulares e 23 axudas distribúense entre 11 concellos e as deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra
A Xunta salienta o seu compromiso coa Rede Natura e as iniciativas que buscan a súa mellora e protección
Marisol Díaz lembra que en xaneiro o Goberno galego convocou axudas por 2,8 M€ para concellos, particulares, asociacións sen ánimo de lucro e comunidades de montes con proxectos destinados a recuperar, preservar e mellorar a biodiversidade destes espazos
A Xunta salienta Galicia como unha potencia no eido das enerxías renovables a través de proxectos viables, sostibles e respectuosos co medio ambiente
Ángeles Vázquez incide no papel proactivo do Goberno galego no impulso do proceso de transformación necesario para avanzar cara a un novo modelo produtivo que poña a sostibilidade no centro
Moraña renovará a cuberta dun local social, dous palcos e varios lavadoiros grazas á axuda da Xunta para corrección de impactos paisaxísticos
As obras levaranse a cabo nas parroquias de Saiáns, Amil e San Lorenzo