Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

27/05/2024 | 21:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo e Marisol Díaz participan no XI Aniversario da Declaración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

A delegada territorial destacou que neste espazo se cumpre o grande obxectivo dunha reserva da biosfera, que é conseguir harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural co desenvolvemento económico e social do territorio

27/05/2024 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O programa da Xunta para mellorar a resiliencia do Parque Natural do Xurés ante o cambio climático recibe un premio Experiencias inspiradoras de Europarc

Este galardón ten o obxectivo de identificar, documentar e difundir proxectos e iniciativas que aborden os grandes retos de futuro dos espazos naturais protexidos

27/05/2024 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Té, ao seu paso polo concello de Rianxo

As tarefas céntranse nun treito de preto de 7 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

26/05/2024 | 12:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 3,5 M€ as obras de mellora da envolvente térmica e enerxética da sede da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os traballos de rehabilitación buscan reducir un 30% o consumo de enerxía do edificio, cuestión pola que se beneficia de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation

25/05/2024 | 17:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia avanza cara ao cumprimento dos obxectivos globais de desenvolvemento sustentable en 2030 e supera en todos eles os resultados a nivel nacional

A Xunta remitirá ao Parlamento o segundo informe de seguimento da Axenda 2030, que constata a boa posición da Comunidade en materias como auga e saneamento, enerxías non contaminantes e biodiversidade dos ecosistemas terrestres

25/05/2024 | 14:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a importancia de abordar o estudo da paisaxe desde unha perspectiva multidisciplinar

Enrique de Salvador incide na importancia de afondar no coñecemento para concienciar da importancia de garantir a preservación do patrimonio paisaxístico

25/05/2024 | 10:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Mos avalían vías de colaboración para a mellora das redes de abastecemento e saneamento da localidade

Ángeles Vázquez puxo en valor o proxecto municipal para crear un espazo verde municipal xunto ao parque empresarial da Veigadaña

24/05/2024 | 21:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor a implicación dos pescadores no coidado do medio ambiente e da contorna

Fai fincapé en que contan coa colaboración e man tendida da Xunta para garantir o obxectivo de preservar o estado dos distintos recursos e garantir a sostibilidade da pesca deportiva de cara ao futuro

24/05/2024 | 19:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Aneiros celebra o aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal poñendo en valor o traballo de divulgación e preservación do patrimonio xeolóxico da zona

Destaca que esta declaración “ten contribuído a fortalecer o sentido de comunidade e impulsado un desenvolvemento sostible desta comarca”