Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

07/06/2024 | 13:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia será a voz das comunidades nos Consellos de Ministros da UE que debaterán este ano sobre os grandes retos ambientais, enerxéticos e climáticos

Ángeles Vázquez anuncia que asumirá a representación autonómica durante as dúas reunións previstas para o segundo semestre do ano en Luxemburgo e en Bruxelas

07/06/2024 | 13:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia apoia a Canarias nas xestións para exercer plenamente as súas competencias sobre o litoral fronte ás trabas do executivo central

O Goberno canario está a seguir un camiño moi semellante ao do galego pois presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional para defender as súas atribucións neste eido ao tempo que traballa no deseño da Lei Canaria de Costas

06/06/2024 | 20:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle e o CRA Amencer de Ribadavia gañan a quinta edición do concurso Pilabot de recollida de pilas

Os centros recibirán un premio económico que deberán destinar á compra de material escolar ou deportivo

06/06/2024 | 14:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A primavera climatolóxica de 2024 en Galicia foi a terceira máis húmida da serie histórica

A precipitación media rexistrada entre as 16 estacións máis representativas da comunidade foi un 67 % superior ao que vén sendo habitual neste período

05/06/2024 | 16:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo do persoal da Xunta para preservar a riqueza ambiental dos espazos naturais protexidos da comunidade

Incide no papel fundamental que ten a biodiversidade á hora de mellorar a resiliencia da Comunidade ante o cambio climático

05/06/2024 | 15:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento nos regos de Queo de Abaixo e da Balsa, ao seu paso polo concello de Carballo

As tarefas, que se centran en dous treitos de 2,7 quilómetros, inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa das canles para evitar atoamentos

05/06/2024 | 15:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Preto de 1200 voluntarios recollen 7 toneladas de residuos en espazos naturais da comunidade

A oitava edición da gran recollida colaborativa de residuos 1m2 contra a basuraleza, que organizan SEO/Birdlife e Ecoembes no marco do Proxecto Libera e na que tamén colabora a Xunta, desenvolveuse o pasado sábado en 74 puntos de recollida de Galicia

05/06/2024 | 15:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por case 2 M€ as obras de adaptación e mellora da planta de transferencia de residuos de Vigo

Os traballos inclúen a construción dunha tolva específica con capacidade para transvasar 10.480 toneladas anuais de biorresiduos e a substitución da envolvente da actual instalación co obxectivo de aumentar o seu illamento acústico

05/06/2024 | 14:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Postillón, ao seu paso polo Concello de Cangas

As tarefas, que se centran nun treito de preto de 1,6 quilómetros, inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa da canle para evitar atoamentos

04/06/2024 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estuda actuacións para mellorar o estado de distintos espazos na contorna da praia das Catedrais

Estanse a avaliar elementos como as pasarelas, os valados de protección, os pavimentos ou os locais de almacenaxe e servizos auxiliares