Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aproba a construción de preto de 70 novos parques eólicos cun investimento de máis de 1.800 M€
Galicia cumpre cos prazos establecidos polo Goberno central que marcaban o vindeiro 25 de xullo como data límite para obter a licencia de construción
A Xunta informa a preto dun cento de concellos sobre o concurso para dixitalizar as redes de abastecemento de augas e anímaos a presentar as súas solicitudes
O procedemento, aberto ata o vindeiro día 29, está dirixido aos municipios de menos de 20.000 habitantes interesados en replicar o modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas xa instaurado na maioría das depuradoras que xestiona o Augas de Galicia
A Xunta adxudica a xestión integral das plantas de biorresiduos de Cervo, Verín e Vilanova de Arousa
O contrato, cunha duración de dous anos, inclúe a operación, mantemento e limpeza das tres instalacións, así como a distribución e comercialización do compost elaborado a partir da materia orgánica
A Xunta destinará 200.000 euros á erradicación de especies invasoras no parque natural Monte Aloia
Marisol Díaz explica que se actuará en preto de 26 hectáreas para a eliminación da acacia negra (Acacia melanoxylon)
O consello de administración de Sogama aproba actualizar o canon pola xestión de residuos de 2024
O importe medio a pagar este ano por parte dos 295 concellos que envían os seus residuos a Cerceda queda fixado en 66 euros por tonelada
A Xunta pon en valor a aportación de empresas como Altia para que Galicia incremente a súa resiliencia e siga a liderar a acción contra o cambio climático
A galega é a comunidade española con maior redución das emisións desde 1990 e a que ten maior capacidade de absorción de dióxido de carbono, cuestións nas que afondará o Plan rexional de clima e enerxía 2024-2030 que está en elaboración
A Xunta outorga Autorización Ambiental Integrada para a planta de construción e mantemento naval de Navantia en Ferrol
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se cumpren os condicionantes recollidos no propio documento e na Declaración de Impacto Ambiental