Actualidade
Buscador de novas
Alfonso Villares sitúa a innovación no ámbito mariño como peza chave para avanzar na resiliencia e sustentabilidade da acuicultura galega
O responsable autonómico enxalza como modelo a elaboración do Índice de Resiliencia Operativa do proceso de cultivo de mexillón na ría de Arousa como grupo de investigación REDE da Universidade de Vigo
Villares destaca as melloras na habitabilidade e seguridade nos buques galegos e os seus efectos nas condicións de traballo dos profesionais
O titular de Mar subliñou as importantes sinerxías creadas entre as empresas pesqueiras da comunidade e os estaleiros no proceso de modernización da frota contribuíndo ao crecemento económico de Galicia
Alfonso Villares pon en valor a fortaleza e a competitividade do sector pesqueiro galego como piares da súa presenza internacional
O responsable autonómico destaca a importancia de que as compañías galegas dominen todas as fases da produción, desde a captura da materia prima, ata comercialización do produto final para xerar un maior valor engadido
Portos de Galicia outorga títulos para a xestión de espazos públicos con bonificacións de ata o 90 % en Muxía, Laxe, O Freixo, A Guarda e Ortigueira
Entre as instalacións suxeitas á redución de taxas atópanse edificios de lonxa, estaleiros, estacións marítimas e aulas de formación
Villares garante en Baleira o apoio decidido da xunta á acuicultura galega, sector ao que a consellería destinará este ano máis 20,6 millóns de euros
Destaca que apostar por estes centros produtivos ten efectos positivos na economía e na creación de emprego, respectando a legalidade e o coidado do medio ambiente, pero tamén no compromiso de dar vida ao rural e atallar o reto demográfico
Portos de Galicia e o Concello de Mañón asinan un convenio de colaboración para o mantemento das canalizacións de depuración de augas
O ente público autoriza á Administración local a intervención en zona portuaria para as tarefas relativas á rede de saneamento en Bares e O Barqueiro
O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia presenta os seus avances nunha asemblea que reúne en Santiago a máis de 170 investigadores
Durante a xuntanza, que tivo lugar hoxe na Cidade da Cultura, desenvolvéronse 36 relatorios agrupados en 5 paneis por parte de expertos de 10 institucións
A Xunta apoia a actividade marisqueira de Galicia con axudas que superan os 11 M€
Con este obxectivo, a Consellería do Mar fixo unha encomenda de xestión a Seaga para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños por valor de 1,3 M€ e incrementou nun 20 %, con respecto a 2023, a achega para mellorar a produtividade dos bancos marisqueos con perda de produción