Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

06/06/2023 | 13:31 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda salienta a fortaleza das empresas galegas da cadea mar-industria e reafirma o apoio da Xunta para manter o seu liderado

Subliña que Galicia pechou 2022 con récord de exportacións neste sector ao superar os 2.700 M€ e que este eido xa representa case o 5 % do PIB galego

06/06/2023 | 13:01 | C. do Mar

A Xunta de Galicia subliña a complexidade da obra de dragaxe do porto de Laxe e a rigorosidade na súa tramitación polo alto valor ambiental da zona

Susana Lenguas explicou que os prazos de execución das obras están condicionados polos períodos temporais autorizados polo Goberno central e que a día de hoxe só están pendentes os traballos na zona do bordo do peirao e o contradique

06/06/2023 | 12:51 | C. do Mar

A Xunta avanza no estudo para remodelar o acceso ao peirao comercial da Pobra do Caramiñal e ampliar a liña de atracada

Susana Lenguas lembrou que o seu departamento investiu 1,3 M€ na dársena pobrense nos últimos meses e está a valorar detalladamente esta actuación, cun orzamento estimado que se situaría entre os 7 e os 10 M€

05/06/2023 | 15:09 | C. do Mar

A Xunta actualiza as condicións e axiliza os trámites administrativos para a prestación de varios servizos portuarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta regulación que ten como principal novidade a habilitación de procedementos específicos para a súa tramitación na sede electrónica da Xunta e que busca facilitar as xestións ás entidades prestatarias

03/06/2023 | 11:54 | C. do Mar

A Xunta saca a licitación a primeira fase da dragaxe plurianual de Ribadeo por 2,4 M€

Os traballos inclúen unha actuación inicial e outras tres de mantemento en exercicios posteriores e afectan tanto á canle de acceso ao porto como ao peirao de Mirasol e á dársena pesqueira

31/05/2023 | 13:16 | C. do Mar

A Consellería do Mar traballa para poñer 450.000 metros cadrados de terreos portuarios a disposición do Estado para a súa reversión aos concellos

O Executivo galego ten definida unha carteira de 27 espazos cun valor do chan de máis de 12 millóns de euros e que xeran ao ano arredor de 330.000 euros de ingresos por taxas, unha recadación que tamén podería pasar a engrosar as arcas dos municipios

29/05/2023 | 14:26 | C. do Mar

A Xunta modifica a normativa reguladora dos eventos en terreo portuario para mellorar a súa organización e a compatibilidade co resto de actividades

O novo texto recolle cambios puntuais como que se poidan instalar carpas de máis de 100 metros cadrados de superficie en determinados casos ou a posibilidade de autorizar a conexión á rede eléctrica portuaria

27/05/2023 | 10:01 | C. do Mar

As tartarugas Nemiña e Coviña volven ao seu medio natural trala súa recuperación no Instituto Galego de Formación en Acuicultura

Foron embarcadas no porto de Vilaxoán para a súa posterior liberación e regreso ás augas do Caribe tras pasar varios meses no centro dependente da Xunta baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma)
 

25/05/2023 | 10:53 | C. do Mar

A Xunta celebra que a Eurocámara declare as conservas de peixe “produtos sensibles” ante o posible acordo de libre comercio da UE con Tailandia

Esa consideración aparece nunha das emendas do eurodeputado galego Francisco Millán Mon ao informe que acompaña o acordo de asociación e cooperación entre as partes e que foi aprobada pola Comisión de Exteriores do Parlamento Europeo

24/05/2023 | 13:00 | C. do Mar

A Xunta destaca o esforzo constante da confraría de Malpica por optimizar as súas instalacións e ofrecer os mellores servizos aos seus socios

Rosa Quintana salienta que a entidade realizou un importante labor para recuperar a puxanza do porto local e mellorar a súa situación económica