Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

27/06/2024 | 13:31 | C. do Mar

Villares avoga por unha descarbonización da frota asumible para o sector e baixo os criterios de competitividade e de respecto ao medio ambiente

A Consellería está a colaborar coa UDC, a Fundación Marlnnleg, o Clúster Naval galego e a Bretaña francesa nunha programación de futuro e cuxas propostas serán enviadas a Bruxelas para garantir unha descarbonización gradual, equilibrada e viable

26/06/2024 | 17:19 | C. do Mar

A Xunta ratifica o seu compromiso coa Fundación Traslatio e o Festival Iacobus Maris Experience para traer a Vigo os grandes veleiros

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, presentou o evento que se celebrará na dársena da Laxe do 24 ao 28 de xullo

25/06/2024 | 17:50 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor o desenvolvemento polo CIMA de 11 novos proxectos de investigación por valor próximo a 1,4 millóns de euros

O titular de Mar destaca o traballo científico desenvolvido polos centros científicos autonómicos en favor da actividade pesqueira e marisqueira e a súa contribución á xestión racional e eficaz dos recursos mariños

24/06/2024 | 14:41 | C. do Mar

A Xunta de Galicia inviste máis de 150.000 euros na renovación da envolvente da nave de xeo de Muxía

O conselleiro do Mar visitou as obras consistentes na reposición das fachadas e a cuberta do edificio e que se atopan en fase moi avanzada

21/06/2024 | 12:37 | C. do Mar

A Xunta colabora con Culturmar na organización do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

A Consellería do Mar asinou un novo convenio coa entidade co obxectivo de promover a defensa do patrimonio marítimo material e inmaterial

20/06/2024 | 16:41 | C. do Mar

A Xunta lanza a web de Redemar para achegar a súa actividade e o coñecemento adquirido ao sector pesqueiro e ao gran público

O portal, que se desenvolveu en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, amosa o traballo desta rede de colaboración entre os profesionais e os organismos científicos galegos