Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

21/09/2023 | 19:21 | C. do Mar

A Xunta apoia con 2,8 M€ máis dun cento de proxectos para a mellora de instalacións de cultivos mariños cun investimento total superior aos 6 M€

Estas iniciativas inclúen actuacións para mellorar a produtividade das instalacións, a eficiencia enerxética ou as condicións de traballo, entre outras

20/09/2023 | 14:12 | C. do Mar

A Xunta defende a importancia de avanzar nunha investigación exhaustiva dos recursos mariños para optimizar a súa xestión e a toma de decisións

O titular de Mar eloxia o labor dos investigadores do Centro de Investigacións Mariñas para coñecer mellor a situación de distintas especies de interese para o sector marítimo-pesqueiro e as posibilidades de cultivo en criadeiro dalgunhas delas

19/09/2023 | 17:17 | C. do Mar

A Xunta inviste 100.000 € na renovación do pavimento dos pantaláns do porto de Baiona como estaba previsto no plan autonómico

O presidente de Portos de Galicia visitou as instalacións nas que se están a executar os traballos, enmarcados nun programa para diversas instalacións da comunidade cun orzamento global de 1,2 millóns de euros

19/09/2023 | 14:00 | C. do Mar

As vendas de produtos do mar certificados con selo ecolóxico superan os 20 M€ en Galicia tras subir un 50 % en catro anos

O titular de Mar salienta que este tipo de produción está en auxe na comunidade posto que a sociedade demanda alimentos que acrediten que foron obtidos de xeito respectuoso co medio ambiente e apostando en todo momento pola sustentabilidade

17/09/2023 | 14:43 | C. do Mar

Galicia participa na Eurocámara nun debate sobre a importancia da formación a prol dunha pesca sostible

O proxecto Capturar o potencial, do que é socio o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, promove unha conferencia o vindeiro xoves sobre a relevancia da capacitación dos pescadores neste eido

16/09/2023 | 15:39 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda enxalza a contribución das confrarías á creación de riqueza nas vilas costeiras e a facer Marca Galicia a través dos produtos do mar

Salienta o papel ao longo do tempo da entidade para impulsar o avance económico, social e cultural desta localidade de Porto do Son

15/09/2023 | 10:55 | C. do Mar

Galicia aposta por aproveitar o potencial do medio mariño como motor de crecemento e desenvolvemento sustentable das zonas costeiras

O titular de Mar pon en valor o Proxecto Platicas, no que participan o Centro Tecnolóxico do Mar e a Autoridade Portuaria de Vigo, para avaliar as posibilidades de impulsar as actividades vencelladas co mar