Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

21/10/2023 | 19:40 | C. do Mar; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza a profesionalización e o papel trascendental das redeiras no sector pesqueiro e a súa contribución no conxunto da cadea mar industria

Alfonso Villares felicitou ao colectivo por lograr unha reivindicación histórica na mellora das condicións de xubilación na que contaron co apoio do Executivo galego

20/10/2023 | 21:51 | C. do Mar

A Xunta aborda co sector miticultor o posible adianto da campaña de extracción da mexilla sempre que os informes científicos avalen que se pode dar este paso

Alfonso Villares destaca o coñecemento que xurde de centros de investigación de referencia a nivel europeo como o CIMA ou o Intecmar, que aportan unha base sólida para a toma de decisións que optimicen a xestión dos recursos pesqueiros

20/10/2023 | 15:56 | C. do Mar

A Xunta aposta polo investimento en investigación mariña incrementando a financiamento de Redemar nun 40% no proxecto de orzamentos 2024

O conselleiro do Mar destacou que nas contas públicas autonómicas para o ano que ven se recolle un incremento do 50% na financiación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica

20/10/2023 | 12:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta reprocha ao Goberno central que en Galicia só autorice prórrogas de concesións ás que está obrigado

Ángeles Vázquez advirte de que desde 2018 non houbo ningunha nova concesión no dominio público marítimo-terrestre e nin sequera reposicións de servizos mínimos

19/10/2023 | 19:28 | C. do Mar

A Xunta defende ante os depuradores de moluscos que a lei do litoral de Galicia xa declara estratéxico e prioritario ao sector marítimo-pesqueiro

Alfonso Villares reitera que ningunha outra iniciativa lexislativa sitúa á pesca, marisqueo ou miticultura cun nivel de protección tan alto como a norma galega

19/10/2023 | 14:26 | C. do Mar

A Xunta contempla 4 millóns de euros nos orzamentos de 2024 para melloras nos portos da Mariña lucense

Alfonso Villares detallou as sete actuacións que se recollen para o vindeiro exercicio e que prevén un investimento plurianual de 14 millóns

18/10/2023 | 19:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta advirte de que a decisión do Estado de recorrer a Lei do litoral paraliza proxectos e servizos municipais

Ángeles Vázquez lamenta que o Goberno central pretenda eliminar “todo vestixio humano” e de actividade económica e social da franxa costeira e contrapón o modelo estatal de “exclusión” coa xestión integrada que propón Galicia