Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

26/10/2023 | 16:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A cidade de Lugo acolle hoxe e o vindeiro martes a campaña da Xunta ‘GALICIA SABE AMAR’, para fomentar o consumo de peixes e mariscos galegos

O delegado territorial, Javier Arias, visitou a foodtruck instalada na praza do Camiño Primitivo, que o día 31 estará en Augas Férreas en horario de mañá e tarde

26/10/2023 | 16:11 | C. do Mar

A Xunta destinará 10 millóns de euros a mellorar insfraestruturas e equipamentos de lonxas e portos pesqueiros no período 2023-2025

Os apoios permitirán avanzar na seguridade e condicións de traballo dos profesionais do mar e na eficiencia enerxética e protección ambiental, así como na conservación das descargas de peixe e marisco e a súa trazabilidade

26/10/2023 | 16:04 | C. do Mar

Remata a fase escrita do recurso da OPP de Burela contra o veto da comisión europea á pesca de fondo no que a Xunta de Galicia participa como coadxuvante

O Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) informou ás partes do peche da fase escrita polo que concede un prazo de tres semanas para solicitar a celebración dunha vista

25/10/2023 | 21:07 | C. do Mar

A Xunta tende a man ao sector marisqueiro para contribuír a paliar a baixa produtividade deste ano e promover unha explotación máis rendible no futuro

Alfonso Villares destaca o diálogo aberto que se mantén coas confrarías e produtores de Noia e a Ría de Arousa para articular medidas que sexan froito do consenso

25/10/2023 | 15:57 | C. do Mar

A Xunta inviste máis 370.000 euros na renovación do edificio da lonxa de Portocubelo, en Carnota

O titular de Mar informou de que a finalización da obra está prevista para finais do vindeiro mes de novembro

24/10/2023 | 20:46 | C. do Mar

A Xunta amosa aos profesionais do marisqueo de Noia e da Ría de Arousa a súa disposición a financiar unha parada temporal da súa actividade

Alfonso Villares sinala que para o Executivo galego é fundamental que este sector funcione e que, en anos atípicos como é o presente, haberá que tomar decisións pero sempre de forma dialogada e en base ao coñecemento

24/10/2023 | 12:14 | C. do Mar

A Xunta ve imprescindible o diálogo entre sector pesqueiro, a sociedade civil e a ciencia para contribuír a acadar avances na xestión sustentable dos mares

Os grupos que forman o Consello Consultivo das Augas Occidentais, integrados nun 60 % por profesionais da pesca e nun 40 % por colectivos sociais, elevarán ditames sobre temas que van do Plan de Acción de Bruxelas ás propostas de cotas para 2024