Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

28/11/2023 | 13:44 | C. do Mar

A Xunta duplicou o volume de axudas para a frota polo impacto da guerra de Ucraína e agarda ter resoltos e pagados todos os expedientes no mes de decembro

Antonio Basanta detallou que aos 3,6 millóns de euros destinados inicialmente para a anualidade sumouse unha ampliación de crédito por outros 3,7 millóns de euros, despois de que as solicitudes dos distintos segmentos da frota superasen as 2.600

28/11/2023 | 11:51 | C. do Mar

Expertos das universidades de Santiago e da Coruña certifican que reducir a fiscalidade aos alimentos do mar aumentaría o consumo e xeraría novos empregos

É a conclusión do Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e Recursos Naturais da USC liderado por Gonzalo Rodríguez, Andrés González, María do Carme García Negro xunto co economista coruñés Fernando González Laxe

27/11/2023 | 18:58 | C. do Mar

O conselleiro do Mar mantén un encontro institucional coa confraría e a concesionaria da lonxa de Ribeira

Alfonso Villares visitou a rula ribeirense, na que o seu departamento investiu 14 millóns de euros

27/11/2023 | 13:42 | C. do Mar

A Xunta aposta pola rexeneración dos bancos e fai entrega de preto de cen mil unidades de semente de ameixa cultivada no CIMA ás mariscadoras de Cariño

Os exemplares do molusco foron criados no Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo e preengordados posteriormente nas instalación do Vicedo

26/11/2023 | 16:36 | C. do Mar

Unha delegación do Salvador visita Galicia para coñecer o funcionamento do seu sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola

A xira, organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, levará aos representantes da administración e das cooperativas salvadoreñas a visitar confrarías de pescadores, lonxas, centros de formación e de investigación

26/11/2023 | 12:28 | C. do Mar

Portos de Galicia solicita ao Goberno central informe para poder licitar as obras do peirao da dársena interior de Muros, nas que investirá 150.000 euros

Esta actuación únese a outras 14 que están actualmente á espera de resposta do Ministerio para poder completar a súa tramitación

25/11/2023 | 16:40 | C. do Mar

A Xunta reitera a súa defensa do sector pesqueiro e a súa máxima colaboración para garantir o súa viabilidade e sustentabilidade

Alfonso Villares puxo en valor a estreita colaboración entre o Goberno galego e o sector en ámbitos como a defensa da Lei do Litoral ou nas políticas pesqueiras comunitarias