Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

29/12/2023 | 18:55 | C. do Mar

A Xunta traslada a Anmupesca o seu compromiso por acadar o maior apoio posible para o marisqueo galego e polas medidas que garantan o futuro da actividade

O titular de Mar detallou ás máximas representantes deste colectivo e a mariscadoras de boa parte das rías galegas os obxectivos e a situación actual da petición ao Goberno central de zona catastrófica polo impacto das choivas torrenciais

29/12/2023 | 14:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta informa á cadea mar-industria e aos concellos costeiros das alegacións presentadas ante o Tribunal Constitucional sobre a Lei do Litoral de Galicia

Ángeles Vázquez subliña que o Goberno galego remitiu un extenso documento de 350 páxinas no que se defenden os intereses dos propietarios de inmobles e de actividades estratéxicas no dominio público marítimo-terrestre

29/12/2023 | 12:03 | C. do Mar

O DOG publica o Plan Xeral de Ordenación Marisqueira 2024-2026 que recolle a veda extraordinaria nos bancos de Lombos, Bohído e Cabío en Arousa ata abril

A normativa que entra en vigor para o próximo trienio inclúe a incorporación destas tres zonas ao libre marisqueo e as súas regras de xestión

28/12/2023 | 16:43 | C. do Mar

O conselleiro do Mar reúnese coa confraría de Corcubión para abordar as necesidades en materia pesqueira e portuaria dos seus profesionais

Alfonso Villares enmarcou este encontro dentro da rolda de visitas que o seu departamento vén realizando para coñecer de xeito directo as demandas dos usuarios dos 122 peiraos autonómicos

27/12/2023 | 16:45 | C. do Mar

A Xunta denuncia desde a Feira de Sarria a falta de sensibilidade do Goberno central por manter o veto á rebaixa do IVE aos produtos do mar e á carne

Alfonso Villares considera que o sector primario volve quedar excluido pola cerrazón do Executivo estatal da lista de produtos básicos bonificados, o que supón manter o agravio histórico fronte a outros alimentos e afecta ao consumo

27/12/2023 | 15:27 | C. do Mar

Alfonso Villares visita a planta de Pescados Rubén e destaca o papel de locomotora que xogan as empresas transformadoras de produtos do mar para A Mariña

O titular de Mar enxalzou o esforzo desta industria alimentaria pesqueira para continuar a sumar valor engadido aos seus produtos e gañar novos mercados

Alfonso Villares volveu a reclamar un Perte que reforce a este sector ante o complicado panorama financeiro e de novo a rebaixa do IVE a estes alimentos

26/12/2023 | 19:01 | C. do Mar

A Xunta mantén o diálogo coas confrarías para que deste traballo conxunto se logre o maior apoio posible para a produción marisqueira de Galicia

O titular de Mar detallou aos presidentes das federacións de confrarías que a Delegación do Goberno xa trasladou a petición de zona catastrófica á Dirección xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio del Interior e á Secretaría Xeral de Coordinación Territorial do Ministerio de Política Territorial