Actualidade
Buscador de novas
A Xunta ofrece a súa colaboración aos concellos para acometer a retirada dos pellets plásticos vertidos por un buque mercante en Portugal
O conselleiro de Mar destaca que foi activado o Plan Camgal en nivel 1 e o servizo de Gardacostas mantén a vixilancia por medios marítimos e terrestres do litoral co obxectivo de detectar a chegada destes materiais
A Xunta coordina cos concellos afectados e a empresa armadora a retirada dos pellets plásticos vertidos por un buque mercante en Portugal
A Consellería do Mar traslada o seu apoio aos concellos de zonas con posible afección co obxectivo de centralizar as reclamacións á empresa armadora de cara a sufragar os traballos de retirada destes materiais
Alfonso Villares enxalza en Boiro o potencial do sector industrial galego vinculado ao sector mariño e a súa aposta pola innovación e a sustentabilidade
Alfonso Villares destacou a importancia deste tipo de compañías no subministro de equipamentos e materiais ao sector pesqueiro contribuíndo a que Galicia sexa un referente tecnolóxico neste campo
Alfonso Villares mantén un terceiro encontro de traballo coas confrarías coa finalidade de continuar artellando as axudas ao sector marisqueiro
O titular de Mar mantivo un novo encontro, tras os mantidos os pasados 20 e 26 de decembro, para trasladar aos presidentes das federacións de confrarías os últimos avances na configuración das axudas solicitadas polo conxunto dos pósitos
Alfonso Villares pon en valor a profesionalidade e boas prácticas da pesca galega e aborda con representantes da OPP7 de Burela os principais retos e desafíos do sector pesqueiro no 2024
A lonxa de Burela é a terceira máis importante da comunidade en canto a facturación, alcanzando nos tres primeiros trimestres do 2023 os 41,5 millóns de euros, e cuarta en canto a produción superando as 10.600