Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a industria transformadora de produtos do mar reforzarán a súa colaboración en 2024 para impulsar a competitividade do sector
O acordo anual inclúe diferentes actuacións de promoción e difusión da industria galega da transformación e das conservas de peixes e mariscos coa finalidade de favorecer a actividade das empresas galegas e o seu desenvolvemento
A Xunta centra a petición de medios ao Estado nas embarcacións e aeronaves das que dispón en Galicia para atallar a chegada de pellets no mar
Tamén se reclama a utilización do vehículo submarino de control remoto ROV Comanche para buscar e selar os contedores que son a fonte da contaminación
Alfonso Villares exixe ao Goberno central que non poña máis escusas e que actúe antes de que os pellets sigan chegando á costa
O titular de Mar destaca que se continúa reforzando os operativos despregados pola administración autonómica que, proximamente alcanzarán as 300 persoas, que hoxe reforzarán os traballos de recollida e limpeza en máis de 30 concellos afectados
A Xunta urxe ao Goberno central a actuar xa no mar no marco das súas competencias exclusivas e tras máis dun mes de inacción ante o vertido de pellets en Portugal
Ángeles Vázquez subliña a importancia de interceptar os sacos antes da súa chegada ás praias porque unha vez que se abren, a recollida das partículas “é moi complicada”
A Xunta censura que o Estado non atallase a chegada dos pellets a Galicia pese a coñecer o suceso en Portugal desde o 8 de decembro
Alfonso Villares comparte o enfado do sector polo alarmismo xerado e pola inxusta e negativa imaxe que se acaba proxectando sobre a actividade destes profesionais
Alfonso Villares destaca o traballo desenvolvido polo operativo despregado pola Xunta na vixilancia e detección da presenza de pellets na costa galega
O conselleiro do Mar informou que xa foron despregados ao redor de 200 efectivos por toda a costa e que serán reforzados nos vindeiros días para dar soporte aos concellos afectados
A Xunta reúne os gardacostas, técnicos ambientais e persoal do Intecmar para facer seguimento da limpeza das praias
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitoulle á vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno central, Teresa Ribera, información actualizada e precisa da vertedura
A Xunta acusa ao Goberno central de ocultar información e de inacción por non activar o Plan nacional de emerxencias por contaminación mariña
O titular de Mar explicou que a administración autonómica non recibiu información oficial do suceso ata o 3 de xaneiro, mentres co goberno do Estado xa recibira información o pasado 20 de decembro